8 millóns de euros para a renovación da rede de saneamento de Cee e Corcubión

Nos últimos días viñéronse dando varios episodios de malos cheiros nalgunhas partes da vila, sobre todo na Avda. de Fisterra e na praza do concello de Cee, procedentes do sistema de alcantarillado. Un problema vinculado ao saneamento que parece eterno, na vila da Xunqueira onde contan cunha das estacións depuradoras máis deficientes de Galicia.
De aí a petición do BNG de Cee, despois de ducias de peticións de solicitar axudas para renovar toda a rede, de polo menos elaborar un calendario de limpeza e desatascamento das conducións de augas residuais.
En calquera caso, xusto onte chegaba unha boa nova ao Concello de Cee, pois a Xunta vén de solicitar a documentación municipal necesaria para a renovación de toda a rede de saneamento de Cee e Corcubión. Unhas obras nas que se investirán 8,1 millóns de euros (a través do Fondo europeo de desenvolvemento rexional FEDER 2014-2020), e para as que, primeiramente o Concello ceense terá que aprobar en pleno o proxecto e ceder os terreos.
Graves deficiencias
A Xunta recoñece que os estudos realizados amosan deficiencias no funcionamento dos bombeos e a existencia dun sistema de depuración cunha tecnoloxía de tratamento obsoleta. A falta de separación de pluviais e residuais impide que bombear a totalidade de caudais recollidos pola rede, producíndose numerosos alivios que, entre outras consecuencias, provocan que a praia de Cee teña prohibición permanente de baño.
Así, na primeira fase teñen previsto renovar o colector das Laxes, construír un novo tanque de tormentas e executar un novo colector no bombeo das Monxas que leve ata a nova estrutura as augas residuais e posteriormente as leve á depuradora.
Segunda fase: Nova Depuradora
Despois deste gran investimento inicial, a Xunta, a través de Augas de Galicia prevé iniciar proximamente a redacción do proxecto de construción da nova depuradora. De feito, a Xunta vén de licitar o proxecto de redacción, por 347.000€, unha obra máis que necesaria no marco do Plan de saneamento da ría.
Histórico sobre o problema do saneamento na ría de Corcubión
- 13-07-21: As EDAR de Cee-Corcubión e Muxía, entre as que peor funcionan de Galicia.
- O BNG de Cee solicita unha auditoría externa das depuradoras e o saneamento do rural.
- 12-01-21: Novo paso para a EDAR de Cee e Corcubión: A Xunta licita a redacción do proxecto.
- Xaneiro 2021: A caño libre… 11 anos despois.
- 10-12-2020: Aprobado o investimento para a redacción do proxecto da nova EDAR de Cee e Corcubión.
- Novembro 2019: Preguntan á Comisión Europea se existe financiamento para o saneamento da ría de Cee e Corcubión.
- Abril 19: Ana Miranda: “É unha prioridade consignar orzamento para a limpeza desta praia e o saneamento da ría de Corcubión”.
- Marzo 19: A contaminación da ría de Corcubión, de volta ao Parlamento Europeo.
- Outubro 17: O BNG insta á Xunta a que inclúa nos orzamentos o saneamento da ría de Corcubión.
- Maio 17: A contaminación da ría de Corcubión volve ao Parlamento Europeo.
- Febreio 15: O BNG reitera no Parlamento o informe sobre o estado da ría de Cee-Corcubión.
- Outubro 14: O BNG pregunta no Parlamento pola ría de Corcubión.
- Febreiro 13: O BNG esixe o saneamento integral da ría de Corcubión.
- 2011: Unha ría eternamente pechada.