Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O BNG de Cee presentará unha moción para reclamar solucións ao problema dos Bombeiros

Bombeiros en folga
O BNG de Cee presentará unha moción para reclamar solucións ao problema dos Bombeiros

Non é xurisdicción municipal pero calquera apoio seguro que é ben recibido polos Bombeiros da comarca. En folga (unha folga relativa na que unicamente non cobren horas extras) dende o mes de xuño, os traballadores dos parques de bombeiros, nomeadamente os de Cee, pero tamén os de toda Galicia, levan tempo denunciando a falta devmedios materiais e persoais que veñen sufrindo. Critican tamén a mala xestión laboral que provoca que coa única medida de non facer horas extras fiquen pechados en moitas ocasións os parques. Coma hoxe, martes 29 de agosto, co parque de Bombeiros de Cee pechado por falta de persoal, o que provoca unha deficiente cobertura nas emerxencias, unha auténtica neglixencia que pode ter consecuencias catastróficas se nalgún momento ocorre un percance de dimensións considerables, un incendio ou un accidente de consideración importante.

Dende o BNG de Cee cren que cada Concello ten que tomar medidas ante a parálise do goberno popular da Xunta a negociar cos trabaladores. “A Xunta de Galiza mira cara outro lado en todo este conflicto e negase a buscar solucións a un problema que non pode demorar mais a súa solución, dadas as consecuencias de manter no tempo esta situación. Dende o BNG de Cee esiximos á Xunta esponsabilidade e que rectifique a súa postura de intransixencia, que negocie e respecte as condicións laborais dos traballadores e traballadoras dos consorcios para velar tamén pola seguridade das persoas”.

Por iso, ante a persistencia do conflito e as consecuencias do mesmo, o BNG de Cee presentará unha moción no vindeiro pleno para “instar á Xunta de Galiza a que se sente a negociar cos traballadores e traballadoras dos consorcios, que reclaman da Administración melloras laborais e sociais e, conforme aos criterios establecidos polo Tribunal Supremo, a integración como persoal laboral fixo do cadro de persoal que fora subrogado cando os parques comarcais de bombeiros pasaron á xestión pública directa”.

RELACIONADOS

Comentarios