Sábado. 04.07.2020
El tiempo

O pleno aprobou por unanimidade unha moción do BNG para apoiar aos traballadores de XEAL

Nova concentracion de traballadores de XEAL en Cee
Nova concentracion de traballadores de XEAL en Cee
O pleno aprobou por unanimidade unha moción do BNG para apoiar aos traballadores de XEAL

Volveu apelar o BNG de Cee á "responsabilidade das administracións públicas", presentando unha nova moción sobre o conflito aberto nas fábricas de XEAL entre dirección e traballadores. Unha moción que se aprobaba no pleno do pasado venres por unanimidade total dos grupos municipais, nun momento no que ademais, o exemplo do peche de Alcoa senta un mal precedente para o noso futuro.

"A empresa non mira para atrás e segue coa clara intención de segregar as actividades de ferroaliaxes e enerxía, co único propósito de pechar as fábricas de Cee e Dumbría", entenden dende o BNG, que piden "actuar con contudencia" unha vez que a empresa, recibe unha cantidade enorme de subvencións e segue "sen cumplir o título concesional", ao manter pechadas varios fornos, varias unidades produtivas, que producen unha perda de postos de traballo.

O grupo nacionalista reitera que o ERTE non está xustificado e lamenta que a dirección se negue "rotundamente a limitar a vixencia do Erte á duración do estado de alarma e anunciou a súa aplicación até o tres de xullo". Lembra ademais que "seguimos sen ter noticias positivas en canto a plan de viabilidade ou a " retirada dos recursos contra a resolución administrativa de Augas de Galiza impedindo a segregación de actividades". 

"É importante lembrar que Xeal non é a propietaria dos ríos, simplemente ten unha concesión para explotar un recurso natural. E esa concesión concédelle uns dereitos, pero tamén unhas obrigas. Unha delas refírese ao mantemento da actividade industrial e dos postos de traballo", valora o BNG, que pide  ao Concello "denunciar que a Xunta de Galiza segue obviando as súas competencias, segue a despreocuparse polo emprego e o futuro industrial das fábricas, que é tamen o da comarca, a pesares das  reiteradas peticións, comunicacións e advertencia de incumprimentos".

O comité de empresa de XEAL agradece o apoio do Concello de Cee ás demandas do persoal

Dende o Comité agradecen o compromiso municipal e lembran que a moción quere que se inste ao Goberno español a aprobar de inmediato un estatuto para a industria electrointensiva; ademais de á Xunta de Galiza a que, exercendo as súas competencias, esixa dos novos xestores un plan de viabilidade que garanta a continuidade da produción de ferroaliaxes, tal e como establecen as cláusulas da concesión dos saltos de auga.

Unha vez máis, o comité chama á unidade de acción do conxunto dos alcaldes e alcaldesas da comarca na loita para conseguir o rearranque de todas as unidades produtivas, o mantemento dos empregos e que se executen os investimentos comprometidos.

 

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA

comentarios