O comité de XEAL convoca concentración contra a supresión do servizo de practicaxe e o traslado da grúa de Brens

O comité de XEAL ten convocada unha concentración para o próximo xoves, 3 de novembro, ás 18:30 horas, diante das oficinas de Portos de Galiza en Corcubión en rexeitamento á supresión do servizo de practicaxe e o traslado da grúa do porto de Brens; así como para reclamar futuro industrial e emprego na comarca.
A decisión da Xunta de recortar á metade os prezos do servizo ten provocado que a licitación quede deserta, deixando o porto de Brens inutilizado para poder descargar a materia prima que necesitan as fábricas e cargar o produto elaborado para a súa venta. Por se non fora abondo para rematar con calquera posibilidade de actividade no noso porto, tamén se vai trasladar a grúa de Brens ao Porto Exterior da Coruña.
Estas decisión da Xunta de Galiza supón un duro golpe á continuidade produtiva das fábricas de ferroaliaxes e ao mantemento dos postos de traballo, ao que toda a Costa da Morte ten que responden con contundencia, reclamando o dereito a traballar e vivir dignamente na nosa terra.
Novas relacionadas
-
- Vinculan o desmantelamento das fábricas de Cee e Dumbría coa falta de práctico no porto de Brens.
- Setembro 22: A Xunta volve abrir unha convocatoria para o práctico portuario sen atender ás demandas da Costa da Morte
- Xullo 22: Os portos do Corredor de Fisterra poderían quedar sen servizo de practicaxe.
- Xuño 22: Piden a revisión do prego de condicións para cubrir a praza do práctico dos portos da Costa da Morte.
- Maio 22: O “práctico” dos portos, un posible novo recorte da Xunta.
- Maio 22: “As cotas do abadexo son un paso máis para desguazar a pouca frota que queda de pesca artesanal”.
- Marzo 22: O BNG denuncia un novo recorte nos servizos do ISM.