Lupe Vázquez e Lupe López presentaron o libro de autocoñecemento "Son Relampio no Monte Pindo" en Cee
![Tres Lupes (de esquerda a dereita, a psicóloga Lupe, Lupe da Asociación Monte Pindo Parque Natural e a autora), acompañadas de Xil da Asociación Mt Pindo](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2023/12/10/2023121017381221730.jpg)
O Auditorio Baldomero Cores da Casa de Cultura de Cee acolleu o sábado 9 ás 18:30 a presentación do diario bilingüe en galego e inglés “Son Relampo no Mt. Pindo, Diario para Sentirse Mellor / I am Lightningbolt on Mt. Pindo, a Feel Better Journal”, de Guadalupe Vázquez Formoso coa axuda de Guadalupe López Canosa, psicóloga especialista en psicoloxía clínica.
Vázquez Formoso, docente no CPR plurilingüe Manuela Rial Mouzo, de Cee, agradeceu a asistencia do público, e tamén ao Concello de Cee, á Asociación Monte Pindo Parque Natural e moi especialmente á súa homónima Guadalupe López Canosa pola axuda e asesoramento. Explicou que o libro, bilingüe e ambientado no “máxico e emblemático Monte do Pindo”, está pensado para axudar ao lector a desafiar o pensamento tóxico, aumentar a resiliencia e descubrir e valorar o que realmente importa na vida.
López Canosa, á súa vez, falou de cuestións de saúde mental, da prevención como elemento clave e da importancia do autocoidado, e salientou a necesidade deste tipo de ferramentas que este diario supón, ata o punto de que “debería ser un libro obrigatorio en todas as aulas (de Educación Secundaria)”, apuntou a psicóloga.
É un libro pensado para un público adolescente e adulto no que o lector ten que traballar en máis de trinta actividades diferentes. Porén, non deixa de ser unha ferramenta e “nas aulas hai que traballar a prevención, o autoconcepto, a autoestima, a resolución de problemas, a toma de decisións e a busca de alternativas”.
Concluíu a presentación indicando a autora que unha parte do que se obteña das ventas do libro irá destinada á dúas causas: Cáritas de Cee e a Asociación Monte Pindo Parque Natural.
Novas relacionadas
- Novembro 23: Guadalupe Vázquez Formoso estréase como escritora de libros de autoaxuda.
- Setembro 23: A ceense Guadalupe Vázquez recolleu o Premio do Concurso de Relato Curto de AFAGA en Vigo.
- Xuño 23: Guadalupe Vázquez, gañadora dun premio do IX Concurso de relatos curtos de AFAGA.
- Abril 23: As pequenas fillas da Ruña.
- Marzo 23: “Filla da Ruña” é o novo libro de Guadalupe Vázquez Formoso.
- Marzo 23: Guadalupe Vázquez rescata na casa a historia e a riqueza fonética de Quilmas.
- Febreiro 2023: Guadalupe Vázquez arrincou en Cee a súa xira de presentacións dos "Contos de Quilmas”.
- Dcembro 22: Guadalupe Vázquez Formoso non para de publicar e estrea a súa novela “Conto de Quilmas”.
- Novembro 22: A terceira aventura do Saltarín de Guadalupe Vázquez dase polo Monte Pindo:
- Guadalupe Vázquez Formoso fixo voar ducias de Saltaríns.
- A mestra Guadalupe Vázquez leva a pequenos e grandes ata a Fin da Terra co seu segundo conto “Saltarín”.