Un outubro cheo de cultura coa Fundación Fernando Blanco

 

Xa está en marcha o singular e completo programa da VIII Edición de O Mes da Fundación que se desenvolverá ao longo do mes de outubro. Coa axuda da Deputación coruñesa, a Fundación Fernando Blanco de Lema de Cee trae actividades para tódolos niveis educativos dos colexios de Cee e para o público en xeral.

Un programa que naceu no ano 2013 coa finalidade de celebrar o mes de outubro de maneira diferente, pois este me ten para a Fundación, e para Cee, un simbolismo especial polo feito de que nel se produciron dous acontecementos históricos que marcarían o devir da vila: no mes de outubro de 1796 nacía Fernando Blanco de Lema, e no mes de outubro de 1886 inaugurábase o Instituto que leva merecidamente o seu nome.

Polo tanto, neste 2021, celébrase así o 225 aniversario do nacemento do mecenas ceense e o 135 aniversario da inauguración dun dos centros educativos de referencia na nosa terra.

As citas serán na Casa da Cultura, con aforo limitado polo que será necesaria a reserva previa de butaca, ben de xeito presencial no Museo Fernando Blanco ou ben chamando ao 981 747 221.

Programa

Novas relacionadas

TESOUROS DA FUNDACIÓN