Volven as visitas guiadas ao Museo Fernando Blanco

Xa podedes volver disfrutar dos Tesouros da Fundación, gracias á volta das visitas guiadas de verán ao Museo Fernando Blanco, xardín botánico e dependencias interiores do Instituto Fernando Blanco de Cee. 

Unha viaxe no tempo que abarca dende 1796 (nacemento de Fernando Blanco de lema) ata a actualidade, onde ademais de percorrelo Museo, visitarase o xardín botánico do centenario instituto ceense e dependencias interiores do centro educativo (sala de profesor@s, biblioteca, capela, etc)


Baixo o título "Fernando Blanco de Lema. O home que foi quen de ollar mais aló. Coñece o seu legado" desenvolveranse nas seguintes datas:

  • Xullo: Venres 28
  • Agosto: Venres 4, 11, 18 e 25
  • Setembro: Venres 1 e 8/-


Hora de comezo: ás 11 horas no Museo Fernando Blanco de Cee. 
Necesaria incrición previa no propio Museo Fernando Blanco, no 981747221 ou no correo fundacioncee@hotmail.com

 

OUTROS TESOUROS DA FUNDACIÓN