A CIG esixe que se manteña o servizo administrativo no ISM de Corcubión
Hai apenas un mes coñecíamos un novo recorte, desta volta no servizo administrativo, no Instituto Social da Marina de Corcubión. O Consello Xeral do ISM non cubre a vacante do posto administrativo (por traslado), deixando a 1.500 traballadores do noso mar sen un servizo fundamental, e obrigándolles a desprazarse ata a Casa do Mar de Fisterra.
Para a CIG, estes continuos recortes son o preludio do peche definitivo, malia que a directora provincial lle confirmara á CIG que "o ISM non ten previsto clausurar o centro de Corcubión". Por iso pide que se cubra a vacante de administrativo e que o centro recupere todas as súas funcións.
A central nacionalista rexeita que o organismo estatal estea a primar criterios de carácter economicista antes que a condición de servizo público que ten que prestar o Instituto Social da Mariña.
Mentres, o ISM corcubionés mantén o servizo de sanidade marítima, que "está prestándose de xeito temporal e nunhas condicións precarias".
NOVAS SOBRE O ISM
- 28-09-21: Alertan do peche inminente do ISM de Corcubión.
- Maio 21: O Tribunal de Cuentas emite un informe demoledor sobre modelo privatizador dos ISM.
- Febreiro 21: Unanimidade no Parlamento Galego para que o Estado manteña os ISM de Corcubión e Muros.
- Outubro 2020: 150 profesionais do mar concentráronse pola recuperaión do servizo médico no ISM de Corcubión.
- 09-10-2020: O colapso dos ISM fai peligrar a validez do recoñecemento médico obrigatorio dos mariñeiros/as.
- 28-09-2020: Critican a falta de contudencia dos alcaldes/as socialistas da comarca ante o posible peche do ISM.
- 25-09-2020: A Subdelegada do Goberno recoñece que non se pode cubrir a praza de médico do ISM pero afirma que non se vai pechar.
- 24-09-2020: A directora do ISM non cobre a praza do médico, deixa aberta a porta ao peche e mesmo fala de privatizar o servizo.
- 14-09-2020: ISM e xubilación: O BNG escoita as demandas do sector do mar en Corcubión.
- 09-09-2020: “As respostas que nos dan ante a falta de servizo do ISM son un vacile”.
- 09-09-2020: Novas queixas ante a reiterada baixa do médico e o posible peche do ISM de Corcubión.
- 08-09-2020: Alertan da posible perda do servizo do ISM de Corcubión.
- Agosto 2020: Os profesionais do mar denuncian a falta de médico para realizar o recoñecemento médico obrigatorio.