O BNG de Corcubión anuncia iniciativas contra o desmantelamento do ISM

Saltaba a alarma, unha vez máis, a semana pasada, ante o inminente peche do ISM de Corcubión. Desta volta, tras case un ano de funcionamento “temporal”, o goberno central anunciou o peche do servizo administrativo, o que os colectivos entenden como un novo paso cara o desmantelamento completo.
De nada serviron as manifestacións do primeiro semestre nin o informe demoledor do Tribunal de Cuentas, que parece que o proceso centralizador doutro servizo público non vai parar.
En calquera caso, o sector do mar e grupos como o do BNG continúan loitando polo mantemento do servizo. O grupo local anuncia que vai presentar as iniciativas correspondentes ante o parlamento e congreso co fin de evitar o peche definitivo. O BNG lembra que o PSOE xa apechou as oficinas de Muxía, Laxe e Fisterra entre 2009 e 2012, asegurando que se trataba un proceso de “racionalización e eficacia dos recursos” para non ter que chamarlle “recortes”.
O BNG denuncia ademais “a pasividade da Xunta do PP” e “o silencio cómplice dos alcaldes do PSOE da Costa da Morte.
NOVAS SOBRE O ISM
- 28-09-21: Alertan do peche inminente do ISM de Corcubión.
- Maio 21: O Tribunal de Cuentas emite un informe demoledor sobre modelo privatizador dos ISM.
- Febreiro 21: Unanimidade no Parlamento Galego para que o Estado manteña os ISM de Corcubión e Muros.
- Outubro 2020: 150 profesionais do mar concentráronse pola recuperaión do servizo médico no ISM de Corcubión.
- 09-10-2020: O colapso dos ISM fai peligrar a validez do recoñecemento médico obrigatorio dos mariñeiros/as.
- 28-09-2020: Critican a falta de contudencia dos alcaldes/as socialistas da comarca ante o posible peche do ISM.
- 25-09-2020: A Subdelegada do Goberno recoñece que non se pode cubrir a praza de médico do ISM pero afirma que non se vai pechar.
- 24-09-2020: A directora do ISM non cobre a praza do médico, deixa aberta a porta ao peche e mesmo fala de privatizar o servizo.
- 14-09-2020: ISM e xubilación: O BNG escoita as demandas do sector do mar en Corcubión.
- 09-09-2020: “As respostas que nos dan ante a falta de servizo do ISM son un vacile”.
- 09-09-2020: Novas queixas ante a reiterada baixa do médico e o posible peche do ISM de Corcubión.
- 08-09-2020: Alertan da posible perda do servizo do ISM de Corcubión.
- Agosto 2020: Os profesionais do mar denuncian a falta de médico para realizar o recoñecemento médico obrigatorio.