#CarruselElectoral: Corcubión evita a estabilidade e Lalo Insua volve gobernar en minoría

14:20 15/06/19
Este sábado 15 de xuño teñen lugar os pleno de constitución das novas corporacións municipais. Unha cita tranquila na metade dos nosos concellos, pero moi tensa noutros 7 concellos onde as negociacións se apuraron ata última hora como fumos comprobando no noso Pactómetro.
Finalmente en Corcubión PSOE e BNG non chegaron a un acordo que podería rematar con anos de inestabilidade, e Lalo Insua volve ser investido alcalde, en minoría, como candidato da forza máis votada (PSOE), ao obter a súa candidatura á alcaldía os seus tres votos máis do Ramón Rojo (PACor). O BNG cos votos de Sempre Corcubión, suman tamén 4 edís, mentres Gema Freire (PP) votouse tamén a si mesma.
Lalo Insua e Ramón Rojo amosando o documento de coalición entre PSOE e PACor
Todas as novas das Eleccións
- Pactómetro Corcubión (IV): Rojo decide Corcubión ante os eternos problemas de entendemento entre PSOE e BNG.
- Pactómetro Coristanco (IV): O PP decántase por Clarisa Couto por diante de TeGa.
- Pactómetro Corcubión (III): Órdagos e decisións de ultima hora.
- Pactómetro (III): Apurando ata última hora.
- Pactómetro Coristanco (III): Clarisa Couto, a diverxencia que pode separar a coalición entre PP e TEGA.
- Pactómetro Muros (III): O PSOE decidirá se goberna PP ou CxG.
- O Pactómetro (II): Avanzando cara gobernos en minoría e algunha sorprendente coalición.
- O Pactómetro: Coristanco.
- O Pactómetro: Santa Comba.
- O Pactómetro: Vimianzo.
- O Pactómetro: Cee
- O Pactómetro: Fisterra.
- O Pactómetro: Muros.
- O Pactómetro: Malpica.
- O Pactómetro: Carnota.
- O Pactómetro: Corcubión.
- As maiores sorpresas das Eleccións Municipais 2019.
- Os resultados das #Eleccións Municipais2019 na Costa da Morte, Concello a Concello.