Poucas novidades sobre o estudo de impacto ambiental do Porto Mixto de Corcubión
Segue estancado o proxecto do Porto Mixto de Corcubión. Xa case vai un ano dende que o PP recoñecía no Parlamento que “non vai ser posible que o vindeiro ano estean en execución as obras", pero é que chegando a final de 2025, cun novo inverno moi preto, nin a Plataforma veciñal Portos Si, Mortos Non, nin o Concello de Corcubión saben algo sobre o estado do estudio de impacto ambiental. Un estudio foi anunciado hai ano e medio no DOG.
Ante esta situación, é o deputado do BNG pola Costa da Morte, Oscar Insua, o que vén de presentar diversas iniciativas no Parlamento galego para reclamar á Xunta de Galiza que remate o estudo de impacto ambiental do Porto Mixto de Corcubión “á maior brevidade posible,” e a sometelo a información pública e consultas ás administracións públicas afectadas este mesmo ano, así como incluír nos vindeiros orzamentos autonómicos unha partida con dotación suficiente para licitalo e iniciar a súa execución.
Dende a "Plataforma veciñal Portos Si, Mortos Non" lamentan non ter novidades dende que en xuño pediran unha reunión co presidente de Portos, e van enviar unha nova petición con copia á Consellería de Mar e ao Presidente da Xunta.
Pola súa parte, dende o PP local aseguran que o estudio está en marcha, e que se atopa na área de Patrimonio, quedando pendente a anaálise de Transición Ecolóxica, se ben este mes haberá máis novidades.
Histórico do proxecto
- Xuño 2025: A Plataforma veciñal unha reunión co presidente de Portos para analizar como está o proxecto do porto mixto de Corcubión.
- Outubro 2024: O PP recoñece no Parlamento que “non vai ser posible que o vindeiro ano estean en execución as obras" do porto mixto de Corcubión.
- Maio 24: O Informe Ambiental xera dúbidas sobre un posible retraso no Porto Mixto de Corcubión.
- Novembro 2023: O mar de Corcubión, pendente dos posibles retrasos do porto mixto.
- Novembro 23: O enésimo barco ás pedras de Santa Isabel.
- Marzo 23: Escollida a alternativa máis viable para o porto mixto de Corcubión.
- Febreiro 23: Portos pon un horizonte de 4 anos para que o porto mixto de Corcubión poida ser unha realidade
- Xaneiro 23: Volven pedir a recuperación do práctico e o porto mixto de Corcubión.
- Decembro 22: A Xunta sobre o Porto Mixto de Corcubión: “Vai para largo”.
- Decembro 22: A Plataforma apartidista “Portos Si, Mortos Non” acentúa a súa loita polo porto mixto de Corcubión.
- Outubro 22: Crean a Plataforma "Porto si, Mortos non" para esixir o porto mixto de Corcubión.
- Decembro 20: A Conselleira do Mar esquécese das promesas feitas en xullo sobre o porto mixto de Corcubión.
- Xullo 2020: A Xunta expón un estudo con distintas alternativas para mellorar o abrigo no peirao de Corcubión.
- Setembro 2019: Corcubión espera a aprobación do porto mixto.
- 2017: O PSdG pide melloras no peirao e retomar o proxecto do Porto Deportivo de Corcubión.
- 2018: “O sector náutico aínda ten moito que crecer na Costa da Morte”.
- 2011: O PP de Corcubión promete o Porto Deportivo se asume o goberno.
Sucesos no peirao
- Novembro 23: O enésimo barco ás pedras de Santa Isabel.
- Novembro 2022: Outro barco de Corcubión acaba nas pedras.
- Outubro 2019: Outra embarcación ás pedras de Santa Isabel.
- Xuño 2019: A #BorrascaMiguel mandou unha lancha ás pedras de Santa Isabel.
- Maio 2019: Outro barco ás rochas de Santa Isabel.
- 2016: Afunde unha embarcación no porto de Corcubión.
- 2011: Rescatan un barco de pesca que varou en Corcubión polo temporal.