Piden unha reunión co presidente de Portos para analizar como está o proxecto do porto mixto de Corcubión

O porto mixto de Corcubión segue a estela da Autovía da Costa da Morte. Pasan os anos e nada se sabe del. As promesas esvaécense co vento do nordés, pasan as partidas orzamentarias e os proxectos segue quedando no caixón. E veremos se non acontece como ca Autovía, que pasou a Corredor, e o porto mixto non se convirte noutro pequeno pantalán.
Porque falamos dun proxecto que era proposto polo goberno socialista local en 2009, que intentou recuperar o tamén goberno socialista en 2017, pero que foi sendo esquecido continuamente a pesar dos innumerables sucesos invernais que acabaron con ducias de embarcacións nas pedras de Santa Isabel.
A pesar das peticións do sector náutico e da creación en 2022 da Plataforma "Porto si, Mortos non”, a ;Xunta xa avisaba de “ía para longo”, chegando a poñer en 2023 como prazo de execución o 2027.
Pero non tardaron en chegar os atrancos, xurdidos das sospeitas do informe ambiental. Un informe ambiental que Portos quería realizar de forma simplificada, pero que terá que ser ordinario, como é normal, como deixou claro a Dirección General de Calidad Ambiental, Sostenibilidad y Cambio Climático. Este e outros estamentos do goberno central trasladaron a Portos de Galicia varias suxerencias, modificacións e melloras ao proxecto presentado.
Pero como esta foi información trasladada a través da prensa, dende a “Plataforma Portos si, mortos non”, 9 meses despois da última reunión, quere coñecer de primeira man en que fase se atopa o proxecto. Por iso veñen de solicitar unha reunión co Presidente de Portosd e Galicia, José Antonio Álvarez Vidal, para avaliar aconxuntament o estado da xestión sobre o impacto ambiental.
Así mesmo, e dado que o próximo 1 de xullo, a Xunta de Galicia asumirá competencias en materia de ordenación e xestión do litoral galego, a entidade quere saber tamén se este traspaso terá algunha repercusión no proxecto do porto mixto de Corcubión.
Histórico do proxecto
- Outubro 2025: O PP recoñece no Parlamento que “non vai ser posible que o vindeiro ano estean en execución as obras" do porto mixto de Corcubión.
- Maio 24: O Informe Ambiental xera dúbidas sobre un posible retraso no Porto Mixto de Corcubión.
- Novembro 2023: O mar de Corcubión, pendente dos posibles retrasos do porto mixto.
- Novembro 23: O enésimo barco ás pedras de Santa Isabel.
- Marzo 23: Escollida a alternativa máis viable para o porto mixto de Corcubión.
- Febreiro 23: Portos pon un horizonte de 4 anos para que o porto mixto de Corcubión poida ser unha realidade
- Xaneiro 23: Volven pedir a recuperación do práctico e o porto mixto de Corcubión.
- Decembro 22: A Xunta sobre o Porto Mixto de Corcubión: “Vai para largo”.
- Decembro 22: A Plataforma apartidista “Portos Si, Mortos Non” acentúa a súa loita polo porto mixto de Corcubión.
- Outubro 22: Crean a Plataforma "Porto si, Mortos non" para esixir o porto mixto de Corcubión.
- Decembro 20: A Conselleira do Mar esquécese das promesas feitas en xullo sobre o porto mixto de Corcubión.
- Xullo 2020: A Xunta expón un estudo con distintas alternativas para mellorar o abrigo no peirao de Corcubión.
- Setembro 2019: Corcubión espera a aprobación do porto mixto.
- 2017: O PSdG pide melloras no peirao e retomar o proxecto do Porto Deportivo de Corcubión.
- 2018: “O sector náutico aínda ten moito que crecer na Costa da Morte”.
- 2011: O PP de Corcubión promete o Porto Deportivo se asume o goberno.
Sucesos no peirao
- Novembro 23: O enésimo barco ás pedras de Santa Isabel.
- Novembro 2022: Outro barco de Corcubión acaba nas pedras.
- Outubro 2019: Outra embarcación ás pedras de Santa Isabel.
- Xuño 2019: A #BorrascaMiguel mandou unha lancha ás pedras de Santa Isabel.
- Maio 2019: Outro barco ás rochas de Santa Isabel.
- 2016: Afunde unha embarcación no porto de Corcubión.
- 2011: Rescatan un barco de pesca que varou en Corcubión polo temporal.