sábado. 15.03.2025
El tiempo

A Plataforma Reiseñores NEE/NEAE prepara tres xornadas de apoio mutuo entre familias

Plataforma Reisenores-Medrando Xuntos
A Plataforma Reiseñores NEE/NEAE prepara tres xornadas de apoio mutuo entre familias

A Plataforma Reiseñores NEE /NEAE da Costa da Morte lanza un proxecto moi ilusionante e de moita utilidade para as familias de crianzas con necesidades especiais. Coa lenda "Medrando Xuntas" preparan a primeira das tres xornadas de apoio mutuo entre familias. Celebrarase este sábado día 15 de Marzo de 18:00h a 19:00h na Capela do Pilar en Corcubión.

”Xuntas aprenderemos a xestionar mellor as nosas necesidades e emocións construíndo unha rede de apoio comunitario para aprender a desenvolver mellor as nosas habilidades e ter así recursos para afrontar mellor a realidade das familias con algún tipo de Necesidade Especial”, explica Alexandre López.

As sesións estarán dirixidas e asesoradas por Marta Isabel Carreiras Ferreira, Terapeuta Ocupacional, e Ángel Campos Leis, Neuropsicólogo da clínica "Divergente - Centro de desarollo y Terapia Infantil" especializada en neurodiverxencia.

O evento, que conta co colaboración e apoio da Federación Provincial de Anpas da Coruña - Costa da Morte, ofrece servizo de canguraxe e xa podes apuntarte neste formulario de inscrición.

Máis novas

Comentarios