Pactómetro Coristanco (III): Clarisa Couto, a diverxencia que pode separar a coalición entre PP e TEGA
Por Coristanco todo queda pendente da reunión que esta noite de xoves ten o PP local, unha vez que xa ten enriba da mesa a proposta de TEGA para “formar un goberno de coalición que por fin dea estabilidade a Coristanco”. segundo sinala Amancio Lavandeira. Unha proposta “de mínimos para a gobernabilidade, flexible, sen ‘sillas’ fixadas, e penso que asequible para todos, que ten o maior escollo no punto de que non queremos xente que tivese participación da moción de censura. Só pedimos que non forme parte do equipo, a nº5, Clarisa Couto, que foi expulsada do PP, estivo no goberno de Gerpe, e que agora mesmo está de alcaldesa accidental nestes momentos pola baixa de Gerpe. Buscamos unha renovación e creo que Couto non a representa”, sinala Lavandeira.
Juan García Velo, María Ángeles Eiroa, Clarisa Couto, Abraham Gerpe, Emilio Fondo, Pensado Plágaro e Luís Souto durante a moción de censura de 2017
Nese sentido, o candidato do PP e case con seguridade vindeiro alcalde de Coristanco, en solitario ou en coalición, Juan García, considera que “de momento hai poucos avances avance e si escollos que son difíciles de salvar. A liña vermella que pon TEGA é unha cousa que condiciona todo o demais, pero segue habendo moitas discrepancias. Creo que hai un espazo para que haia marxe de entendemento. Queda tempo ata o sábado e despois do sábado, pero non se rompiu nada e iso é importante”, sinala Juan García .
”A nosa idea segue sendo a de gobernar en solitario, pero estamos falando por ver outras posibilidades, e esta noite seguramente decidiremos”.
non se falou que pasaría de non chegaren a un acordo coa investidura
Todas as novas das Eleccións
- Pactómetro Muros (III): O PSOE decidirá se goberna PP ou CxG.
- O Pactómetro (II): Avanzando cara gobernos en minoría e algunha sorprendente coalición.
- O Pactómetro: Coristanco.
- O Pactómetro: Santa Comba.
- O Pactómetro: Vimianzo.
- O Pactómetro: Cee
- O Pactómetro: Fisterra.
- O Pactómetro: Muros.
- O Pactómetro: Malpica.
- O Pactómetro: Carnota.
- O Pactómetro: Corcubión.
- As maiores sorpresas das Eleccións Municipais 2019.
- Os resultados das #Eleccións Municipais2019 na Costa da Morte, Concello a Concello.