Sábado. 05.10.2024
El tiempo

A concesionaria da Autovía Costa da Morte, en creba

A concesionaria da Autovía Costa da Morte, en creba
Obras da Autovia Costa da Morte-Foto-Economia Digital

Xa o avisaba o BNG a comezos de mes esixindo que a Xunta anule o contrato coa empresa concesionaria e asuma un novo contrato de obra pública. I é que efectivamente a UTE concesionaria das obras da Autovía recoñece estar en creba técnica.

E o fai tras ano e medio de parálise, só co 20% do proxecto realizado, polo que as xa desesprantes últimas promesas do Conselleiro de tela infraestrura en 2016 deixan de parecer unha broma a convertirse en case un soño.

Segundo informa Economía Digital a Xunta daría ata xaneiro de 2014 á UTE Copasa-Taboada y Ramos- COVSA-CRC Obras y Servicios para conseguir financiamento para as obras. Pero parece que vai ser complicado conseguilo, segundo indican os auditores da empresa KPMG no seu informe para a Xunta, qeu leva o inquietante título de "Autoestrada Costa da Morte", deixando á porta aberta a que poida ter peaxe, outra que poderíamos engadir á carpeta de promesas incumplidas.

O informe da auditora é rotundo e advirte que as débedas da concesionaria son graves, tendo "un pasivo corrente, maior que o activo, que implica que as súas débedas a curto prazo son maiores que os recursos dos que dispón para facerlles fronte, o cal en condicións normais implicaría a súa creba técnica".

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios