AGE reafírmase en contra da mina de Corcoesto


Segue na máxima actualidade a loita contra a mina de ouro de Corcoesto. Con máis información, como piden moitos, pois este sábado haberá unha charla informativa en Carballo. Pero ademais, os movementos das Plataformas, tanto en unificar obxectivos como en recadar apoios, seguen sendo protagonista.
Así, os deputados Antón Sánchez e David Fernández de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), reuníronse na tarde do mércores con representantes dos grupos veciñais das localidades de Cabana de Bergantiños e Santa Comba contrarios aos proxectos mineiros de carácter metalífero que a empresa canadense Edgewater Exploration quere instalar nos seus municipios.
No encontro tratáronse temas relativos aos problemas ambientais derivados destas e outras explotacións mineiras a ceo aberto proxectadas en todo o territorio, así como os impactos que podería traer o polémico desembarco do 'fracking' en terras galegas.
Dende a Plataforma 'Salvemos Cabana' valorouse moi positivamente a reunión, en canto consideran que neste momento "os plans de estractivismo a grande escala planeados pola Xunta rozan o absurdo" e poden ter "consecuencias desastrosas a nivel socioeconómico e ambiental", polo que é fundamental que os representantes públicos estean implicados "ao máximo" na defensa da terra.
Pola súa banda, dende 'Santa Comba Viva' alertouse de que a elevada dispersión territorial dos municipios galegos e a súa interdependencia coas labores tradicionais non permiten este tipo de actividades de carácter non renovable, ao levar implícitos procesos altamente contaminantes que afectan ao mantemento saudable dos sistemas do aire, o solo e a auga que son fundamentais na sostibilidade das tarefas agrogandeiras que dende sempre foron o sinal de identidade de Galicia.
En ambos casos, dende as dúas plataformas sinalan que neste momento, "é fundamental redirixir o modelo de desenvolvemento e adaptalo á demanda europea de produtos obtidos de xeito sustentable, para o cal os habitantes do medio rural galego, pola súa dilatada experiencia, serían os mellores cantidatos".
Máis información
- A bitácora da semana (CXCV): O ouro de Corcoesto.
- A bitácora da semana (CLXXXIV): Salvemos Cabana.
- A bitácora da semana (CLXXXV): Non á mina.
Novas relacionadas
- 27-12-12: Cianuro: residuou non perigoso? Fraude no DIA da Mina de Corcoesto.
- 24-12-12: Un fin de semana de protesta mineira en Corcoesto.
- 20-12-12: O Proxecto da Mina de Corcoesto, unha “aberración normativa".
- 18-12-12: Durísimas valoracións contra a Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto.
- 17-12-12: A Xunta aproba a Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto ante as protestas de colectivos por desinformación.
- 13-12-12: AGE e PP amosan a súas posicións enfrontadas sobre Mina de Corcoesto.
- 26-11-12: Denuncian que a empresa da Mina de Corcoesto engana cos prezos aos propietarios dos montes.
- 13-11-12: A Plataforma en defensa de Corcoesto convida á empresa Mineira a un debate público.
- 09-11-12: Denuncian o intento da empresa mineira de mercar a prezos de saldo os montes de Corcoesto.
- A loita contra a mina de Corcoesto recibe o apoio de Greenpeace e se solidariza con México.
- Apoios televisivos contra a mina de Corcoesto.
- 11-10-12: A apertura da mina de Corcoesto retrásase ata o verán do 2013.
- Veciños de Corcoesto trasladan á Xunta o seu malestar ante o perigo da mina.
- A loita por Corcoesto amplíase ao eido arqueolóxico.
- A Fiscalía xa investiga a mina de Corcoesto por un presunto delito contra o medio ambiente.
- A mina de ouro: unha mostra de resistencia organizada.
- A loita contra a mina de Corcoesto colle tintes poéticos.
- Xurxo Borrazás tamén di non á Mina de Corcoesto.
- O BNG pide que a mina de Corcoesto non sexa a ceo aberto.
- Ata Galeano denuncia que a Mina de Corcoesto non cumpre a lei.
- O Goberno argumenta no Parlamento que a mina de Corcoesto creará 500 postos de traballo.
- ADEGA considera obsoleta a tecnoloxía da Mina de Ouro de Corcoesto.
- A febre do ouro exténdese a Zas mentres denuncian irregularidades no proxecto de Corcoesto.
- Os fumigadores si andan pola Costa.
- 1.300 sinaturas presentadas contra a Mina de Ouro de Corcoesto.
- A mina de Corcoesto chega ao Parlamento.
- Os veciños da Plataforma de Corcoesto denuncia prácticas intimidatorias do alcalde cabanés.
- Denuncian as falsas expectativas de emprego da mina de ouro de Corcoesto.
- A mentira das palabras máxicas .
- 04-05-12: Creada unha Plataforma contra a Mina de Ouro de Corcoesto.
- 12-03-12: Accidente laboral na mina de ouro Corcoesto.
- ADEGA espera para valorar o impacto da Mina de ouro de Corcoesto e enfróntase con La Voz.
- A mina de ouro de Corcoesto axiliza a súa posta en marcha co apoio das administracións e oposición dos ecoloxistas.
- O ouro de Corcoesto non brilla tanto.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Notas de prensa de ADEGA, da Plataforma Salvemos Cabana e da Plataforma en Defensa de Corcoesto.