Cianuro: residuou non perigoso? Fraude no DIA da Mina de Corcoesto


Tras estudiar a fondo a Declaración de Impacto Ambiental que a Xunta aprobou da Mina de Ouro de Corcoesto, os colectivos ecoloxistas veñen de facer unha lectura grave. I é que segundo denuncian, a DIA califica 68.798 toneladas de Arsénico e 4.368 de cianuro como residuos "non perigosos". Unha calificación que ADEGA recurrirá a DIA de Corcoesto ao consideralo "fradulenta".
Unha visión referendada polo último estudio da Sociedade Galega de Historia Natural, que califica o proxecto de Corcoesto, nada menos que como "A pirámide da codicia".
"Isto significa que ao non seren considerados perigosos as instalacións nas que se depositan (oco, entulleiras e balsas) non teñen a categoría "A" e, portanto, non precisan dun Plano de Emerxencia Exterior (PEE) que estableza os protocolos de actuación diante dunha emerxencia que supere a capacidade de resposta dos servizos habituais", denuncia.
Segundo ADEGA, "os residuos mineiros de parte dos estériles da actividade extractiva e os residuos da lixiviación deberían clasificarse como “non inertes perigosos”.
"Salvemos Cabana" alerta dos riscos para a saúde
Paralelemamente a Plataforma Salvemos Cabana quere alertar dos impactos negativos para saúde que a mina de Corcoesto vai traer aos veciños da zona. Considera que a "inocuidade" da explotación "é tan só unha cortina de fume para ocultar a verdadeira realidade asociada en todo o mundo á minaría do ouro a ceo aberto".
A entidade lembra precisamente que a actividade en Cabana vai "xerar 100,000 toneladas/ano de residuos tóxicos cianurados, dada a utilización diaria de cianuro de sodio durante o proceso de lixiviación, a razón de 1,49 toneladas métricas por día".
Salvemos Cabana ademais pensa que hai alternativas ao grave paro na bisbarra, como a potenciación completa do turismo de calidade en harmonía coa conservación do medio e a saúde da poboación ou a aposta pola agricultura e a gandaría ecolóxicas.
Máis información
- A bitácora da semana (CXCV): O ouro de Corcoesto.
- A bitácora da semana (CLXXXIV): Salvemos Cabana.
- A bitácora da semana (CLXXXV): Non á mina.
Novas relacionadas
- 24-12-12: Un fin de semana de protesta mineira en Corcoesto.
- 20-12-12: O Proxecto da Mina de Corcoesto, unha “aberración normativa".
- 18-12-12: Durísimas valoracións contra a Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto.
- 17-12-12: A Xunta aproba a Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto ante as protestas de colectivos por desinformación.
- 13-12-12: AGE e PP amosan a súas posicións enfrontadas sobre Mina de Corcoesto.
- 26-11-12: Denuncian que a empresa da Mina de Corcoesto engana cos prezos aos propietarios dos montes.
- 13-11-12: A Plataforma en defensa de Corcoesto convida á empresa Mineira a un debate público.
- 09-11-12: Denuncian o intento da empresa mineira de mercar a prezos de saldo os montes de Corcoesto.
- A loita contra a mina de Corcoesto recibe o apoio de Greenpeace e se solidariza con México.
- Apoios televisivos contra a mina de Corcoesto.
- 11-10-12: A apertura da mina de Corcoesto retrásase ata o verán do 2013.
- Veciños de Corcoesto trasladan á Xunta o seu malestar ante o perigo da mina.
- A loita por Corcoesto amplíase ao eido arqueolóxico.
- A Fiscalía xa investiga a mina de Corcoesto por un presunto delito contra o medio ambiente.
- A mina de ouro: unha mostra de resistencia organizada.
- A loita contra a mina de Corcoesto colle tintes poéticos.
- Xurxo Borrazás tamén di non á Mina de Corcoesto.
- O BNG pide que a mina de Corcoesto non sexa a ceo aberto.
- Ata Galeano denuncia que a Mina de Corcoesto non cumpre a lei.
- O Goberno argumenta no Parlamento que a mina de Corcoesto creará 500 postos de traballo.
- ADEGA considera obsoleta a tecnoloxía da Mina de Ouro de Corcoesto.
- A febre do ouro exténdese a Zas mentres denuncian irregularidades no proxecto de Corcoesto.
- Os fumigadores si andan pola Costa.
- 1.300 sinaturas presentadas contra a Mina de Ouro de Corcoesto.
- A mina de Corcoesto chega ao Parlamento.
- Os veciños da Plataforma de Corcoesto denuncia prácticas intimidatorias do alcalde cabanés.
- Denuncian as falsas expectativas de emprego da mina de ouro de Corcoesto.
- A mentira das palabras máxicas .
- 04-05-12: Creada unha Plataforma contra a Mina de Ouro de Corcoesto.
- 12-03-12: Accidente laboral na mina de ouro Corcoesto.
- ADEGA espera para valorar o impacto da Mina de ouro de Corcoesto e enfróntase con La Voz.
- A mina de ouro de Corcoesto axiliza a súa posta en marcha co apoio das administracións e oposición dos ecoloxistas.
- O ouro de Corcoesto non brilla tanto.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Notas de prensa de ADEGA, da Plataforma Salvemos Cabana e da Plataforma en Defensa de Corcoesto.