APTCM duplica os soci@s e a cota para profesionalizarse

Parecen poucos 132 asociados para a Asociación de Empresarios máis importante do sector turístico e parte intrínseca do ente xestor do noso Xeodestino (CMAT) nunha zona na que podemos contar con milleiros de empresas e autónom@s vinculadas co sector. Pero a realidade é que a entidade suma o doble de soci@s que hai un ano, cando a nova directiva tomou o mando, demostrando o complicado que é unir forzas nun sector e nunha comarca na que cada un miramos só o noso día a día e non pensamos no futuro.
Este pasado xoves, a Asociación de Empresarios Turísticos da Costa da Morte (APTCM) celebraba a súa asemblea anual na Casa da Cultura de Vimianzo. Cunha participación de máis do 50% d@s soci@s, a entidade aprobaron por unha unanimidade a nova cota de socio, que duplica a anterior pero que se fai necesaria para profesionalizar a entidade, un dos grandes obxectivos da entidade.
Ademais, selecionouse tamén a asistencia técnica que garante a profesionalización do sector e da asociación, sendo a empresa votada pola inmensa maioria “Vixia Sostenibilidade", empresa afincada na Costa da Morte.
Os asistentes levaron tamén mapas cos recursos turisticos da Costa da Morte e onde aparecen reflexados os socios. Estes mapas dispensaranse nas oficina de turismo, nas feiras e entregrase un exemplar a cada cliente do Parador Costa da Morte.
”Os datos fannos pensar que imos polo bo camiño e cumplindo os obxetivos”, sinala o presidente da entidade Pepe Formoso.
Outras novas sobre turismo
- A APTCM remata a súa serie de presentacións comarcais con 110 soci@s.
- Marzo 23: APTCM arrincou a serie de reunións comarcais para presentar o seu proxecto ao tecido empresarial.
- Febreiro 23: A APTCM busca máis socios convocando tres xuntanzas comarcais con polític@s e empresari@s.
- Decembro 22: A APTCM segue apostando pola unión e profesionalización e fan un chamamento á implicación do empresariado.
- APTCM presente oficialmente o seu novo Mapa Turístico
- O sector turístico é “optimista” e prevé un “bo” 2023 “cheo de oportunidades”.
- Agosto 22: A nova directiva de APTCM xa se incorpora ao CMAT:
- Agosto 22: A nova APTCM aposta pola profesionalización.