A APTCM remata a súa serie de presentacións comarcais con 110 soci@s
Rematou a xira de presentacións do proxecto da nova directiva da Asociación de Profesionais de Turismo da Costa da Morte pola comarca. Unha xira de 3 reunións nas comarcas do Xeodestino (en Carballo para os empresari@s da comarca de Bergantiños, en Vimianzo para a comarca de Soneira e en Cee para os fisterráns) para explicar os seus plans de futuro para a comarca e para colleitar novos soci@s.
Conseguiron de xeito directo, a confirmación de 12 nov@s soci@s (outr@s confirmarán a súa fusión nestes días), tendo xa un músculo de 110 empresari@s comprometidos coa patronal máis importante do sector, que forma parte do CMAT, ente xestor do noso turismo.
A directiva valora positivamente as reunións e considera que o ambiente é “optimista”, “xa que todos as persoas que asistiron comentaron que coincidían os plantexamentos da nova directiva coas suas inquedanzas. Os asistentes animáronnos a seguir nesta liña”, sinala o presidente Pepe Formoso.
Profesionalización
O proxecto baséase en fortalecer a asociación a base de socios e a profesionalización. “Temos que ter músculo económico para para contratar unha asistencia técnica para poñer o xeodestino no lugar que lle corresponde”, explica como principal obxectivo.”Ordenación, desestacionalización, formación, profesionalización e estabilidade laboral deben ser obxetivos a medio prazo. Queda moito por facer, pero pensamos que este é o camiño”.
A nova directiva está formada por Pepe Formoso (do grupo Bela de Fisterra e Muxía) como presidente e Julio Castro (Director do Parador de Lourido) como vicepresidente; Damián Álvarez (o modelo internacional vimiancés creador da empresa Gubem Event), Secretario; Guillermo Iglesias (Asteria Beach de Caión) o Tesoureiro; e os vogais Belén Lema (Restaurante Casa do Peixe e Restaurante Son do Mar de Muxía), Marcos Seoane (Asador Río Sil de Carballo) e José Ramón Pombo (Autocares J Pombo de Cabana).
Outras novas sobre turismo
- Marzo 23: APTCM arrincou a serie de reunións comarcais para presentar o seu proxecto ao tecido empresarial.
- Febreiro 23: A APTCM busca máis socios convocando tres xuntanzas comarcais con polític@s e empresari@s.
- Decembro 22: A APTCM segue apostando pola unión e profesionalización e fan un chamamento á implicación do empresariado.
- APTCM presente oficialmente o seu novo Mapa Turístico
- O sector turístico é “optimista” e prevé un “bo” 2023 “cheo de oportunidades”.
- Agosto 22: A nova directiva de APTCM xa se incorpora ao CMAT:
- Agosto 22: A nova APTCM aposta pola profesionalización.