Así foi o sábado de investiduras
Chegou o día da investidura nos Concellos da comarca agás nos de Corcubión, Mazaricos e Muros que se adiaron ata o 7 de xullo.
Con 13 concellos nos que foron reelixidos os rexedor@s, apenas 2 cambios confirmados (o propio Corcubión e Santa Comba), a atención centrábase en 2 Concellos nos que había dúbidas: Muxía e Fisterra, xa que en Ponteceso un acordo de última hora permitiu a investidura de José Manuel Mato (PP).
Non houbo acordo en Muxía entre os PP, IxMuxía e BNG, e o socialista Iago Toba seguirá sendo alcalde, noutra lexislatura que se albisca tremendamente tensa tralo visto estes últimos días.
En Fisterra, o pleno ao final consumouse coa investidura da candidata de Alternativa dos Veciños, Áurea Domínguez, como nova alcaldesa, gracias ao apoio de BNG, e dun PSOE que non se descubriu ata o final.
Cambio en Santa Comba
Alberto Romar (PSOE) protagonizou un dos cambios de cara á vindeira lexislatura.
12+1 repetidos
Non houbo sorpresas en Malpica, onde Parga seguirá sendo alcalde, co apoio de Alfredo Cañizo, que formará parte do goberno..
- Cabana: José Muíño (PP).
- Camariñas: Sandra Insua (PSOE).
- Carballo: Evencio Ferrero (BNG).
- Carnota: Juan Manuel Saborido “Moma” (PSOE).
- Cee: Margot Lamela (PSOE).
- Coristanco: Juan García (PP).
- Dumbría: Raúl González (PSOE, novo)
- Laxe: José Luís Pérez Añón (PP).
- A Laracha: Jose Manuel López Varela (PP).
- Malpica: Eduardo Parga (PP).
- Mazaricos: Juan Blanco (BNG).
- Vimianzo: Mónica Rodriguez (PSOE).
- Zas: Lolo Muíño (BNG).
Toda a info sobre as Eleccións
- Iago Toba continúa como alcalde de Muxía trala falta de acordo entre os 3 grupos.
- Os datos das Eleccións Municipais 2023 na Costa da Morte.
- Resultados das Eleccións Municipais 2023 na Costa da Morte Concello a Concello
- Análise Só 3 cambios importantes tralas Eleccións Municipais de 2023 na Costa da Morte.