domingo. 10.11.2024
El tiempo

O Comité de XEAL pide aos alcaldes compromiso ante o ERTE

O Comité de XEAL pide aos alcaldes compromiso ante o ERTE

Considera o Comité de Traballadores de XEAL que o ERTE presentado o pasado 2 de abril pola dirección é fraudulento e denuncia que “a empresa quere aproveitarse dunha crise sanitaria para deixar de pagar os salarios”. Así de rotundo se amosa o Comité, que pide axuda aos alcaldes da comarca e a todos os grupos parlamentarios para impedir o Expediente de Regulación Temporal de Emprego.

A realidade é que a redución paulatina do traballo nas fábricas continúa, que xa provocaron a pérdida de postos de traballo directos e nas empresas externas locais, derivados de impagos e por unha menor carga de traballo, e que todos eles repercutiron na perda de 53 postos de traballo na comarca.

Todo apesar de que o mercado das Ferroaliaxes en Europa viuse favorecido pola crise do Covid- 19 e aumentaron os prezos da venda en máis dun 30% dende fai case dous meses, e o prezo da enerxía está a día de hoxe por debaixo dos 20 €/MW, polo que se dan as condición idóneas para producir e dar beneficios.

O Comité xa presentara en febreiro ante a Xunta unha batería de razóns polas que considera que a empresa quere pechar:

  • 1.- Abandono da actividade industrial, reducindo ao mínimo a actividade.
  • 2.- Trasvase da producción do noso centro de traballo a outros do grupo Ferroglobe, algo do que xa advertiamos a Xunta cando fui da operación de compra.
  • 3.- Precariedade laboral e inestabilidade nás condicións laborais.
  • 4.- Recortes na plantilla tanto de persoal dás fábricas cómo das centrais.
  • 5.- Falta de información, oscurantismo e ocultación de resultados económicos, pláns de producción, e obxectivos.
  • 6.- Incumprimento da inversión prometida.
  • 7.- Clarificación do contrato e acordos que teñen asinado os novos propietarios con Ferroglobe.
  • 8.- Necesidade urxente de que a Xunta resposte as peticións feitas pólo comité de empresa o pásado verán e seguen sen contestar, para si procede abrir un procedemento administrativo e comprobar o grado de cumplimento por parte da empresa das concesións públicas.

A representación sindical fai unha cronoloxía para explicar a situación:

  • O 16 de Xaneiro a empresa reuniu o comité para comunicarlle que se ía a parar o Forno 13 polo elevado custe da enerxía e a mala situación do mercado mundial.
  • O 24 de Xaneiro FerroGlobe anuncia qué vai arrancar a maiores dos que xa ten en marcha, 2 fornos en Boo e 2 fornos en Hidronitro, quedando constatado que a producción do Forno 13 desvíase para as fábricas de Ferroglobe.
  • O 25 de Xaneiro impago de XEAL as empresas externas ata o 25 de Febreiro e non de todas as facturas pendentes. O pago do 25 de Marzo retrasaráse ata máis aló do 5 de Abril e sen data concreta de pago.
  • O 31 de Xaneiro paran o forno 13 e despiden a 18 traballadores.
  • O 3 de Febreiro baixan a produción nos fornos restantes parando 5 horas póla mañan e cinco horas póla tarde. (10 horas diarias).
  • O 10 de Febreiro paran os fornos dende as 8 da mañá ata as 10 da noite. (14 horas diarias.)
  • O 10 de Marzo sae a nova de que XEAL presentou os alcaldes da comarca o seu plan de futuro, con grandes inversións e mantemento do emprego. Inversións que os traballadores non ven por ningún lado.
  • O 12 de Marzo a empresa adianta o comité de seguridade e saude que se está pensando en parar máis fornos.
  • O 13 de Marzo notifican o peche dos fornos 12 e 21.
  • O 2 de Abril o presidente da Xunta considera esenciais 15 sectores industriais ante a falta de concreción do goberno do estado, entre elas a actividade de metalurxia e máis en concreto a fabricación de ferroaliaxes. O mesmo xoves 2 de abril, XEAL presenta un ERTE para 300 traballadores dás Fábricas e das Centrais Hidroeléctricas.

 

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA

Comentarios