Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: A despregadura da fibra óptica fóra e dentro da casa
Continuamos cunha interesante serie de artigos relacionados cos novos tempos que nos toca vivir, co asesoramento dos técnicos da Oficina de Consumo de Santa Comba. Co lema "Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: … ou que xa descubríramos pero non queríamos ver” imos repasando asuntos relacionados coa transformación dixital, o teletraballo, a formación empresarial e autonómos, os ríos como límites territorais, as normativas inaplicables…
Tras falarmos de dixitalización municipal e teletraballo, afondamos no tema da comunicación:
A despregadura de fibra óptica no rural xa se estaba desenvolvendo antes da pandemia
Tamén na pandemia entrou unha psicose por ter en todas as vivendas fibra a toda costa, e con canta máis velocidade mellor. Dá igual que se necesite máis ou menos, si poden ser 300 mb que non sexan 100 mb. Pero a despregadura se está desenvolvendo. Aínda que os problemas son outros. Por exemplo, as vivendas tampouco están adaptadas interioremente, algunhas apartadas dos núcleos poboacionais. E non nos enganemos, en cuestións tecnolóxicas o rural vai a seguir sendo rural, e sempre irá a remolque.
Calquera persoa que estea pensando en montar un negocio o primeiro que se lle ocurre son os nichos de mercado, aqueles sitios onde poida ter beneficio, que se dúbida teñen que ir ligados a zonas con movemento de persoas e demanda do produto en cuestión.
Esta situación non defire en nada das operadoras de telefonía e fibra óptica. Son empresas privadas que por moito que digan e lle demanden os políticos, van a mirar o seu negocio, os ingresos que poiden obter unha vez que desplieguen a tecnoloxía. E aí o rural sempre leva as de perder, zonas onde nacen poucos nenos, unha poboación xuvenil que emigra cara as capitais, e unha poboación envellecida que non demanda nin se manexa con este tipo de tecnoloxías. Polo tanto nunca van ser unha prioridade aá hora despregar sistemas como fibra óptica porque choca coa escasa rendibilidade posterior.
Ademais, en zonas como Galicia, a orografía, pero sobre todo a gran dispersión poboacional, onde falar dunha aldea ou dunha parroquia é falar de casas illadas e separadas unhas doutras, incluso kilómetros, son os principais factores que xogan en contra ao dispararse económicamente o coste da despregadura por usuario e non resultar atractivo as compañías.
Outra cousa é que as administracións traten de cubrir certas zonas con incentivos en base de subvencións as operadoras para que despreguen, si ou si, as súas redes en zonas de baixa demanda ou de baixo rendemento económico para ellas, que o que está sucedendo maioritariamente na actualidade. Pero aí tamén entran as competencias administrativas e a economía. Os concellos pouco poden facer, están atados de pés e mans, tanto en capacidade profesional como económica, e dependen das decisións dos gobernos autonómicos. Estes, á súa vez dependen dos gobernos centrais que esperan medidas conxuntas e inxeccións económicas da Unión Europea para todos os socios.
Neste senso o plan máis coñecido é o diseñado, xa antes da pandemia, pola Unión Europea para asegurar que todos os fogares teñan acceso a banda ancha rápida (30 Mbps o máis) e xeneralizar a expansión da banda ancha ultrarrápida (100 Mbps ou más).
Este plan 2019-2021 xa acercou, e está acercando, a fibra ultrarrápida a milleiros de pequenos núcleos de poboación galegos. Entre actuacions rematadas, accións en marcha e proxectos próximos a rematar as autoridades cifran en algo máis de 9.000 os núcleos de poboación galegos que a finais do presente ano terán acceso a Internet de máis de 100 mbps mediante redes fixas, gracias a actuacións promovidas e financiadas polo Estado, Xunta de Galicia e UE.
Segundo datos feitos públicos o verán pasado por Amtega hai actuacións en 310 dos 313 concellos galegos, afectando a uns 720.000 habitantes repartidos nuns 9.000 núcleos de poboación (A Coruña é a que suma máis núcleos, con algo máis de 4.000, seguida de Pontevedra 2.619). A principios de xullo do 2019, e sobre a cobertura de banda ancha, o Goberno central, indicaba que, a fibra estaba dispoñible para o 65 % dos galegos. Amtega calcula que na actualidade está no 80%, porcentaxe que considera se elevará ao 90% ao remate de 2021.
E chegou a pandemia
A pandemia do coronavirus demostrou o importante que é ter acceso a unha boa conexión a Internet, despois de demostrarse o efectivo do teletraballo e multiplicarse os traballos de todo tipo. Pero, e despois das queixas formuladas polos veciños, os concellos e oficinas de atención ao cidadán constatan as dificultades coas que se atoparon os veciños para conectarse en diferentes zonas, e as moitas veces complicadas xestións coas operadoras, deixaron patente que sempre hai un compoñente económico nas prácticas das operadoras que se lle escapan as administracións por moitos plans que diseñen e moitas axudas que inxecten.
Como mostra, sinalar algunha das situacións que nos transmiten de diferentes concellos:
En concellos onde a operadora R desplegou redes na primeira década dos 2000, con inxentes axudas do goberno autonómico, moitos veciños, cando foron a solicitar servicio, descubriron que, en diferentes rúas só chegaba a unha marxe da rúa, e na noutra carecían de conexión. Este feito, supostamente, é motivado, porque nese intre non había negocios ou había veciños maiores que non eran potenciais demandantes do servizo. Dito doutra forma, despregaron redes só para o presente sin ter en conta o futuro, co cal, as parellas novas e os negocios que a posteriori pretenderon implantarse nesa marxe da rúa atopáronse con que carecían totalmente de conexión, cando na outra marxe si o tiñan, incluso en rúas estreitas de sentido único.
Mesmamente nun concello dinnos que despois de ceder instalacións públicas de forma gratuita para a ubicación do centro de distribución, deixaron o propio consistorio sin conexión, co acceso máis próximo a más de 100 metros de distancia, e que, non foi o único caso, senón que outras instalacións públicas, ubicadas dentro do casco urbano, a situación foi similar.
Todo elo sin entrar no xogo de enganar anunciando, vendendo e cobrando por servizo de fibra óptica, cando esa fibra sólo chegaba ata o centro de distribución ou nodo, e a partir de aí, e a cara os domicilios, optaron por outras opcións máis económicas e lentas como os cables coaxiais con velocidades que se podían anunciar e vender de 300 mg, cando en moitas ocasións non pasaban de 2mb e era imposible navegar, como denuncian moitos usuarios.
Tamén están as situacións que se están vendo na actualidade pandémica en moitos lugares dentro das despregaduras de fibra óptica de alta velocidade financiadas pola Unión Europea. Unha cousa é que se den datos de núcleos e veciños beneficiados de forma xenérica, e outra ben distinta, é a distribución dos domicilios deses veciños. Porque non é o mesmo un núcleo de vivendas compacto que outro de vivendas diseminadas ou aisladas. Por moito que nos digan as administracións, sobre datos de despregaduras e veciños beneficiados, as operadoras soen poñer os puntos de conexión en zonas céntricas dos lugares ou parroquias como prazas ou entornos de igrexias, de forma que poden xestionar o servizo ofrecendoo de forma idónea nos domicilios do entorno próximo e concéntrico. Pero os que están máis afastados, e como denuncian moitos usuarios, están recibindo respostas que desplegar un cable ata a súa vivenda é demasiado caro respecto aos ingresos que van a ter, porque habería que instalar tres ou catro postes, e eso só en situacións donde a vivenda dista uns 100 metros da caixa de distribución. Non é dificil imaxinarse o panorama de vivendas máis afastas ou illadas. Pero claro, esas excepcións non figuran nos plans diseñados polas administracións, que cando se programan xa contan coa diseminación de territorios como o galego.
En certo modo, cos veciños de casas afastadas dos núcleos, estase volvendo a antes da década dos 90 cando, e ata que o Estado declarou a universalidade do servizo de telefonía, para poñer un teléfono nun domicilio, había que asumir todo o coste ds instalación da rede desde a conexión ata o domicilio, incluído os postes, situación que levaba a que as aldeas e parroquiais, salvo excepcións moi contadas, solo tiveran un teléfono público na taberna, porque o coste dunha instalación soía estar fora do alcance da práctica totalidade dos cidadáns, ao superar en todos os casos o medio millón de pesetas (3.000 euros).
Fibra ultrarápida para todos, pero… é dentro da túa casa, que?
Os veciños piden redes de fibra ultrarápidas, os que non a teñen protestan, e os que as teñen págana pero a súa casa non a soporta.
Cóntannos que dentro deste boom que se descubriu no confinamento de demandar a toda costa fibra e velocidade para acceso a internet en todos os lados, estanse vendo outras deficiencias construtivas nas vivendas que, si ben xa existían, moitos veciños non se deran conta ou non lles prestaban atención. A maioría proceden da desidia (ou non considerar importante) dos propietarios das vivendas cando as construen ou reforman. Noutros casos, como son os da compras de pisos e vivendas, é consecuencia da desidia dos construtores para aforrar uns euros (tamén por non consideralo importante). E incluso dos técnicos que redactan os proxectos, tamén polos mesmos motivos.
Nalgún concello póñennos un exemplo moi ilustrativo. “Está pasando como coa auga, póñense novas redes de impulsión, quítanse as tuberías vellas de fibrocemento e póñense outras con materiais modernos e máis diámetro, a agua vai como un tiro, pero veñen os veciños protestando que nas vivendas seguen tendo auga sin forza, incluso en edificios na terceira e incluso na segunda planta non ten forza nin para acender o calentador. Que pasa? Pois que toda a rede da casa, ou do edificio, está obsoleta e non aguanta coa potencia da auga”.
Pois coa velocidade de internet está pasando o mesmo. Dinnos técnicos e en concellos, que a xente cando fai unha casa ou a reforma, só pensa nos catro enchufes e en que todas as habitacións teñan conexión da antena para poder ver a televisión, pero que non se preocupan que, de igual forma que sucede coa clavixa da antena, todas as habitacións teñan rede interna de internet con clavixas tamén en todas as habitacións. Dinnos que incluso nin sequera se teñen en conta os enchufes, e que se están instalando os típicos un ou dous nunha parede cando en realidade na maioría das habitacións é que ten que haber unha zona con polo menos cinco enchufes xuntos, porque así o demanda o equipamento tecnolóxico habitual das vivendas hoxendía.
Nunha habitación xuvenil cunha televisión e un ordenador de sobremesa necesítanse nunha mesma zona, mínimo, tres enchufes (cpu, pantalla de ordenador e tv). Si temos a maiores unha impresora xa necesitamos catro. Solución ante a ausencia de enchufes? Recargalos tirando de regletas.
É so un exemplo, pero podemos mirar no interior de calquera vivenda os aparatos electrónicos que demandan enchufes. Televisión, descodificador de tv por cable, router, playstation, flexo ou lámpara de pé, radiadores si son eléctricos, toma de arranque se hai estufa de pellet, teléfono inalámbrico, deshumidificador, etc.
Mesmamente no centro da vida da vivenda, que é o salón, vemos na maioría das casas, dous enchufes detrás da televisión, “como a antiga usanza, un para a televisión e outro, por si acaso, para o video”. Pero a televisión, o descodificador de movistar, o router, e a play station, xa necesitan catro enchufes. Si lle sumamos un teléfono inalámbrico, unha lámpara de pé, e incluso quen aínda teña un lector de cd ou dvd, xa necesita dunha tacada nun mesmo sitio sete enchufes. Solución ante a ausencia de enchufes? Novamente recargalos tirando de regletas.
Zona de cables detrás do moble da tv de calquera salón do país
E o acceso a internet, si a vivenda non ten unha rede interna necesitará aínda máis enchufes, porque teremos que crear unha por medio de extensores multiplicadores de señal de wifi para levala a todas as dependencias, perdendo no camiño a maior parte da sinal.
Segundo nos informan técnicos e concellos, dentro das vivendas debe haber unha canalización interna para a fibra igual que se fai coa rede eléctrica e coas tomas de antena. De feito dinnos que o tema de internet parte da mesma premisa. A auga e a luz chegan a porta da vivenda, pero de aí para a dentro a vivenda ten que ter unha rede de distribución. E a antena de televisión igual, chega a todas as vivendas pero ten que ter unha rede interna para que chegue a todas as dependencias.
Pois internet o mesmo. Pero na actualidade está sucendo todo o contrario. A rede de fibra chega a un punto da vivenda ao que se ten acceso por medio dun router, pero ao non ter a rede interna de fibra canalizada, cando queremos ter acceso noutras dependencias hai que tirar de wifi. Pero como moitas veces a wifi non chega a todas as dependencias, temos que comprar extensores, repetidores ou amplificadores de wifi, ben ampliando a sinal de forma externa ou por medio da rede eléctrica. Novamente necesitanse máis enchufes para todos os amplificadores de sinal, e neste caso non é posible utilizar regleta por diferentes incompatibilidades.
O problema parece menor, pero os concellos, técnicos e operadoras están recibindo moitas protestas por non ter velocidade, cando en realidade o problema é por temas internos da vivienda que, ademais lle supón un coste por un servicio que teñen contratado pero que non poden utilizar precisamente por esos problemas internos da vivenda.
Nun concello poñennos un exemplo moi ilustrativo: “Si ti contratas 300 mb de velocidade, e non tes fibra na vivenda, esa velocidade é unicamente no punto na zona da vivenda onde tes o acceso co router, que soe ser o salón. Aí conectas directamente ao cable o ordenador portátil e tes os 300 mb reais contratados. Pero si queres ir para outra habitación, como non tes fibrada a vivenda, tes que tirar de wifi, onde perde moita velocidade. Temos casos constatados que hai vivendas con 300 mb de velocidade por fibra, que cando están a dous metros do router, conectados por wifi, baixalle a velocidade a moito menos da metade. Hai moitos casos nos que se constataron aorredor de 45 mb, respecto os 300 mb que están pagando e que podían ter si a vivenda estivese fibrada.
Moitos rapaces din que so poden xogar a play station no salón conectados con cable, porque na habitación, co wifi, ralentízalle todo. Obviamente, de 300 mb a 50 mb é unha diferencia considerable, e si os demáis membros da casa están co portatil, coa tablet ou co teléfono ou vendo ou descargando unha película pódese chegar o bloqueo da rede”.
Dentro deste enbrollo, está claro que é mellor contratar menos velocidade e cablear a vivenda para poder utilizala o máximo, que contratar máis velocidade, pagala e non poder utilizar nin sequera a metade.
Aínda que non ten unha relación directa con formulado, os concellos tamén están vendo que cando a Xunta de Galicia establece diferentes axudas para mellora de telefónia móvil, en zonas con deficiencias, xa ten en conta as características das vivendas. Así, establece, entre outras condicións, que esas deficiencias sexan medidas e detectadas fora das viviendas. Coñecedores da problemática dinnos que “e moi habitual que a xente proteste docindo que na casa non ten cobertura e que ten que saír a porta para poder falar, o que denota que a cobertura é boa na zona, e que, a que a obstrúe a cobertura son precisamente as características construtivas da vivenda.”
Novas sobre incomunicación
- Febreiro 2020 (Vimianzo): Veciñas de Berdoias denuncian que levan 3 meses con problemas cas chamadas telefónicas nos móbiles.
- Decembro 2020 (Muxía): "Quen vai empreder estando 9 días sen internet? Unicamente emprender a marcha coa maleta”.
- Outubro 2020: “Isto é un cachondeo. De Carballo a Zas levamos toda a mañá sen internet”
- Setembro 2020 (Zas): Baio únese para reclamar tras quedar 2 días sen internet.
- Agosto 2020 (Corcubión): Denuncian a “defectuosa calidade do servicio que as compañías telefónicas” ofrecen en Corcubión.
- Decembro 2019 (Santa Comba): A Illa, a aldea incomunicada de Santa Comba.
Serie “Cousas”
- Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: As leis que por si mesmas non existen.
- Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: A farsa da Galicia perimetrada por Concellos e os ríos como límites territoriais
- Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: As xestións telemáticas e o teletraballo.
- Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: Os bancos, tal como os coñecemos, camiño de ser un recordo.
Outras reportaxes sobre Leis
- Xaneiro 2021: A reflexión dun autónom@ soneirán sobre os peches perimetrais no rural:
- Xaneiro 2021: Carta dun autónom@: "A Crónica dunha morte anunciada, a do comercio local”.
- Novembro 2020: A Xunta amplía os horarios para o ocio nocturno (en tempos de normalidade).
- 2018: Como afecta a nova Lei de Espectáculos Públicos ás verbenas populares?.
- Maio 2020: Pode ser a esquecida Lei de Espectáculos Públicos unha referencia para controlar aforos?.