Martes. 15.10.2024
El tiempo

COVID: Xa son 7 os Concellos da Costa da Morte con diferentes niveis de restricións

  • Muros entra en Nivel Máximo.
  • Carballo e Fisterra mantéñese en Nivel Alto
  • Vimianzo baixa a Nivel Medio, ao que suben Carnota, Cee, Corcubión e Coristanco. 
Captura de pantalla 2021-07-28 a las 10.37.11
COVID: Xa son 7 os Concellos da Costa da Morte con diferentes niveis de restricións

O Conselleiro de Sanidade explicaba esta mañá de mércores 28 de xullo as novas decisións do Comité Clínico sobre as restricións. Comezou sinalando que Galicia ten unha taxa de incidencia acumulada axustadas (coa baixada da porcentaxe de casos hospitalizados) de 670 casos por cada 100.000 habitantes, concentrada entre os 12 e os 19 anos.

"Se ben o 69% da poboación ten a pauta completa, a situación epidemioloxica continúa a empeorar, polo que temos a seguir tomando medidas". E refírese, ademais de manter o límite de 10 persoas en exterior e 6 no interior en calquera tipo de reunións, ás novas restricións por Concellos.

O máis importante é que Muros entra en Nivel Máximo (un total de 12 concellos en toda Galicia) a partir da madrugada do venres ao sábado. No nivel Máximo, os establecementos de hostalaría e restauración poden abrir ao 30% no interior (previa acreditación inmunidade) e as Terrazas ao 50%. O lecer nocturno so permite permitido terrazas ao 50%, ata ás 01.00 horas.

Mantéñense en Nivel Alto os Concellos de Carballo e Fisterra, onde tamén está agora A Coruña, como o resto de cidades galega. Neste Nivel os establecementos de hostalaría e restauración poden abrir o onterior 50% (previa acreditación inmunidade) e e as terrazas ao 50%. O lecer nocturno so permite permitido terrazas ao 50%, ata ás 01.00 horas.

Vimianzo baixa ao Nivel Medio, onde suben os concellos de Carnota, Cee, Corcubión e Coristanco. Neste nivel, os establecementos de hostalaría e restauración poden abrir o Interior ao 50% (sen acreditación e  as Terrazas ao 50%, e o lecer nocturno ten permitido o acceso ao interior ao 50% (previa acreditación inmunidade) e terrazas ao 100%, ata ás 03.00 horas.

Aumento de casos

108 casos máis que hai dous días suman os 19 concellos da Costa da Morte nesta 5ª onda. Unha subida que provoca un aumento da taxa de incidencia acumulada en case 80 puntos, superando xa os 400 novos casos a 14 días por cada 100.000 habitantes.

Concellos como o de Fisterra, Corcubión ou Muros suman cifras moi altas. Outro exemplo é Carballo, con 35 casos máis nos dous últimos días, chegando xa aos 215 novos caso nos últimos 14 días, e unha taxa de incidencia acumulada de máis de 650.

A cifra segue subindo tamén na Laracha, onde parecía estancada pero nos dous últimos días aumentaron 9 novos casos.

MÁIS NOVAS SOBRE O COVID

Comentarios