COVID: 9 Concellos sen alerta sanitaria
O CEIP Fogar segue a sendo máis afectado de toda Galicia, con 28 casos activos. En total son 109 positivos e 11 aulas pechadas.
11:58 17/11/20
Datos positivos os que recollemos hoxe na plataforma de transparencia do SERGAS. Son 9 os Concellos sen alerta sanitaria por COVID19 na Costa da Morte, cando levábamos varias semanas con só 5 concellos en verde. Aos Concellos de xa estaban en verde estes días, Corcubión, Fisterra, Carnota, Muxía, Muros e Zas, sumámoslle hoxe os de Mazaricos, Dumbría e Camariñas.
Tamén baixa lixeiramente a incidencia en Bergantiños, xa que Ponteceso sae da zona vermella, quedando só 6 concellos en nivel 3.
Deste xeito, o mapa queda do seguinte xeito:
- Nivel 3 (máis de 21 casos positivos por confirmados por PCR na última semana): A Laracha, Carballo, Coristanco, Malpica, Cabana e Vimianzo.
- Nivel 2 (entre 14 e 21 casos positivos confirmados por PCR na última semana): Santa Comba e Ponteceso.
- Nivel 21 (entre 7 e 14 casos positivos confirmados por PCR na última semana):
Laxe e Cee.
No Hospital Virxe da Xunqueira temos 12 ingresados en planta (1 máis ca onte).
Nos Centros Educativos
O CEIP Fogar segue a sendo máis afectado de toda Galicia, con 28 casos activos. En total son 109 positivos e 11 aulas pechadas.
Concello | Centro | Total Positivos | Aulas Pechadas |
CABANA | E.I Municipal A Casa dos Títeres | 1 | 1 |
CABANA | CPI As Revoltas | 2 | 0 |
CEE | E.I. Municipal Vila da Xunqueira | 1 | 1 |
CAMARIÑAS | CEIP de Camelle | 1 | 0 |
CAMARIÑAS | IES Plurilingüe Pedra da Aguia | 1 | 0 |
CARBALLO | CEIP Bergantiños | 1 | 1 |
CARBALLO | CEIP de Gándara-Sofán | 1 | 0 |
CARBALLO | CEIP Fogar | 28 | 3 |
CARBALLO | CEIP Xesús San Luís Romero | 1 | 0 |
CARBALLO | CPR Plurilingüe Artai | 3 | 0 |
CARBALLO | CRA Ponte da Pedra | 2 | 2 |
CARBALLO | IES Alfredo Brañas | 7 | 0 |
CARBALLO | IES Isidro Parga Pondal | 3 | 0 |
CARBALLO | IES Monte Neme | 3 | 0 |
CEE | CEIP Plurilingüe Eugenio López | 1 | 0 |
CEE | IES Fernando Blanco | 2 | 0 |
CORISTANCO | CEIP de Bormoio-Agualada | 1 | 0 |
CORISTANCO | CPI Alcalde Xosé Pichel | 7 | 0 |
CORISTANCO | EFAG Fonteboa | 2 | 0 |
LAXE | CPI Plurilingüe Cabo da Area | 7 | 0 |
MAZARICOS | E.I Mazaricos | 1 | 1 |
MALPICA | CEIP Joaquín Rodríguez Otero | 1 | 0 |
MALPICA | CEIP Milladoiro | 1 | 0 |
MUROS | IES Plurilingüe Fontexería | 1 | 0 |
MUXÍA | IES Ramón Caamaño | 1 | 0 |
PONTECESO | CRA Nosa Señora do Faro | 1 | 0 |
PONTECESO | IES Eduardo Pondal | 4 | 0 |
SANTA COMBA | CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza | 2 | 1 |
SANTA COMBA | CPR Plurilingüe Ntra. Sra. Inmaculada | 1 | 0 |
SANTA COMBA | IES Terra de Xallas | 2 | 0 |
VIMIANZO | CEIP Baíñas | 2 | 0 |
VIMIANZO | CEIP de Castromil | 1 | 0 |
VIMIANZO | IES Terra de Soneira | 4 | 0 |
ZAS | CEIP Labarta Pose | 3 | 1 |
ZAS | CPI de Zas | 1 | 0 |
ZAS | IES Maximino Romero de Lema | 8 | 0 |
TOTAL | COSTA DA MORTE | 109 | 11 |
Entrevista
Máis novas do COVID
- 15-11-2020: COVID: Laracha tamén se pon en Nivel 3.
- 13-11-2020: A Xunta activa o peche permitral e da hostalería de 6 concellos de Bergantiños.
- 13-11-2020: COVID nos Centros de Ensino: 99 casos activos e 10 aulas pechadas.
- 12-11-2020: A Xunta avisa do “máis que probable” peche da actividade non esencial nos 5 concellos en Nivel 3 da comarca Bergantiños.
- 12-11-2020: COVID: Dumbría ponse en cor amarelo; Cee e Santa Comba saen do nivel vermello-
- 11-11-2020: O Sergas realizará este sábado un cribado masivo en Malpica .
- 10-11-2020: COVID: Coristanco ponse en vermello.
- 09-11-2020: COVID: 7 Concellos en Alerta Vermella (Cee únese á lista) e 19 ingresados no HVdX.
- 08-11-2020: COVID: 6 concellos en alerta vermella.
- 06-11-2020: COVID: Cabana tamén en nivel 3, e só 5 concellos sen alerta COVID.
- 05-11-2020: COVID: Carballo, Malpica e Vimianzo, en Nivel 3, quéixanse da desinformación. Santa Comba entre Nivel 2 e 3.
- 04-05-2020: Carlos do Celme Café: “Xa nos mataron en vida”.
- 03-11-2020: COVID: Malpica tamén se sitúa en Nivel 3 de Alerta sanitaria.
- 02-11-2020: COVID: 13 concellos xa afectados na comarca.
- 30-10-2020: Vimianzo, primeiro concello costeiro que sofre o peche perimetral.
- 28-10-2020: COVID: 10 concellos afectados, 45 positivos en centros de ensino, e 4 hospitalizados no HVdX
- 26-10-2020: COVID: 9 Concellos xa afectados; A Laracha, Carballo, Muros e Vimianzo en nivel 3.
- Un novo estado de alarma para unha nova onda.
- 24-10-2020: COVID: 6 concellos afectados na comarca, nos que Malpica e Muros soben a nivel 2