COVID: Os alcaldes de Bergantiños piden máis cribados, con conclusións, para parar o avance do virus

Este mércores, os alcaldes da comarca de Bergantiños e a alcaldesa de Vimianzo mantiveron unha nova xuntanza virtual co conselleiro Julio García Comesaña e outros cargos da Consellería de Sanidade para analizar o avance do covid na zona. Un avance que, como vimos onte, segue “á alza”, sen controlarse en algún dos 6 concellos perimetrados da comarca bergantiñá, que ten nestes momentos “a incidencia acumulada máis alta de todas as zonas que están perimetradas”, segundo indicaron os responsables da sanidade galega, xa que a media supera os 800 casos por 100.000 habitantes. Son 112 casos máis que hai 7 días na comarca.
Unha situación contra a que os rexedores solicitaron máis cribados como o realizado este pasado sábado en Malpica, onde se fixeron 350 probas aleatorias ao sector do mar e ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar.
Pero cribados con conclusións, porque o dende Malpica explican que non recibiron ningín informe nin conclusión sobre o cribado realizado. Coñecemos, a través da confraría, que se deron arredor dunha vintena de positivos no sector do mar (dun total de 75 casos activos), que obriga a parar só 3 barcos. En todo caso, “o cribado serveu para paralizar algo os focos no porto e para tranquilizar a xente”, valoran dende o pósito.
En Carballo hai gran preocupación pola situación do CEIP Fogar, que con 39 casos activos e 9 aulas pechadas, é o centro de ensino con maior incidencia de Galicia. Á opinión do alcalde, Evencio Ferrero, debería ser un punto de cribado inmediato.
Carballo ten 185 casos, pero unha unha incidencia máis baixa, 577 casos por 100.000 habitantes, a máis baixa da zona, aínda lonxe dos 125 casos aos que se deberían chegar para eliminar as restricións.
O covid chega tamén ao fútbol, e o Bergantiños FC confirmaba onte dous novos positivos no primeiro equipo.
No extremo oposto sitúase Cabana, cunha incidencia de 1.500 casos por 100.000 habitantes. Só Laxe mellora, con 6 casos menos que a semana pasada, e xa en cor ver por non ter casos novos.
Mellora a situación en Vimianzo
En Vimianzo son 80 casos activos a día de hoxe, pero onte baixaban á cor laranxa porque nos últimos 7 días só se deran 19 novos casos. A incidencia baixo durante estas semanas dende que Vimianzo está parado, pero a tasa aínda está en 892 casos por cada 100.000 habitantes.
Restricións
Tendo en conta que a tendencia segue sendo “á alza” as restricións impostas vanse manter polo menos ata o 4 de decembro, pero non se atreven a valorar se nesa data se poderán levantar.
Mapa de alertas
Poucos cambios hai con respecto ao mapa de onte:
- Nivel 3 (máis de 21 casos positivos por confirmados por PCR na última semana): A Laracha, Carballo, Coristanco, Malpica, Cabana.
- Nivel 2 (entre 14 e 21 casos positivos confirmados por PCR na última semana): Santa Comba, Vimianzo e Ponteceso.
- Nivel 1 (entre 7 e 14 casos positivos confirmados por PCR na última semana): Dumbría e Muros.
- Nivel 0 (menos de 7 casos positivos confirmados por PCR na última semana): Cee, Laxe, Muxía, Camariñas, Fisterra, Corcubión, Mazaricos, Carnota e Zas.
No Hospital Virxe da Xunqueira temos 12 ingresados en planta (1 máis ca onte).
Entrevista
Máis novas do COVID
- 18-11-2020: COVID: Vimianzo ponse en laranxa pero a cousa non mellora en Bergantiños.
- 17-11-2020_ COVID: 9 Concellos sen alerta sanitaria.
- 15-11-2020: COVID: Laracha tamén se pon en Nivel 3.
- 13-11-2020: A Xunta activa o peche permitral e da hostalería de 6 concellos de Bergantiños.
- 13-11-2020: COVID nos Centros de Ensino: 99 casos activos e 10 aulas pechadas.
- 12-11-2020: A Xunta avisa do “máis que probable” peche da actividade non esencial nos 5 concellos en Nivel 3 da comarca Bergantiños.
- 12-11-2020: COVID: Dumbría ponse en cor amarelo; Cee e Santa Comba saen do nivel vermello-
- 11-11-2020: O Sergas realizará este sábado un cribado masivo en Malpica .
- 10-11-2020: COVID: Coristanco ponse en vermello.
- 09-11-2020: COVID: 7 Concellos en Alerta Vermella (Cee únese á lista) e 19 ingresados no HVdX.
- 08-11-2020: COVID: 6 concellos en alerta vermella.
- 06-11-2020: COVID: Cabana tamén en nivel 3, e só 5 concellos sen alerta COVID.
- 05-11-2020: COVID: Carballo, Malpica e Vimianzo, en Nivel 3, quéixanse da desinformación. Santa Comba entre Nivel 2 e 3.
- 04-05-2020: Carlos do Celme Café: “Xa nos mataron en vida”.
- 03-11-2020: COVID: Malpica tamén se sitúa en Nivel 3 de Alerta sanitaria.
- 02-11-2020: COVID: 13 concellos xa afectados na comarca.
- 30-10-2020: Vimianzo, primeiro concello costeiro que sofre o peche perimetral.
- 28-10-2020: COVID: 10 concellos afectados, 45 positivos en centros de ensino, e 4 hospitalizados no HVdX
- 26-10-2020: COVID: 9 Concellos xa afectados; A Laracha, Carballo, Muros e Vimianzo en nivel 3.
- Un novo estado de alarma para unha nova onda.
- 24-10-2020: COVID: 6 concellos afectados na comarca, nos que Malpica e Muros soben a nivel 2