COVID: Mantense a tendencia á baixa á espera dos resultados dos cribados da Laracha, Camariñas e Vimianzo

Gráfica da evolución do coronavirus nas comarcas da Costa da Morte dende novembro
  • 3 novos falecidos esta pasada fin de semana nas residencias da comarca

Esta fin de semana realizouse un exitoso cribado masivo no Concello da Laracha. Existoso en termos de participación, pois recollerónse 4.632 tubos coas mostras de saliva, o que representa unha participación do 85% das persoas que foran citadas para realizar a proba.

Segue faltando unha cousa importante: a análise dos resultados. Aínda non temos resultados, e nestes casos a rapidez é fundamental para que o virus non se siga espallando. Pero é que aínda seguimos esperando polos resultados do cribado realizado a semana do 20 de xaneiro en Camariñas e Vimianzo, para o que foron citadas 6.000 persoas.

Tendencia á baixa

Se ben noutras zonas de Galicia parece que a incidencia volve subir, na comarca a tendencia segue á baixa. Cos datos do 7 de febreiro (actualizados na mañá do 8 no portal de transparencia da Xunta), son 791 novos casos rexistrados nos últimos 14 dúas nos 19 concellos da comarca, 80 menos que o pasado venres.

A Taxa aproximada de Incidencia acumulada sitúase nos 600 novos casos por cada 100.000 habitantes, un 10% menor que o día 4.

Falecidos nas residencias

Esta pasada fin de semana faleceron 3 persoas na comarca: o día 5 facíao unha muller de 85 anos na Residencia Domus Vi Vimianzo; e o día 6 falecían un home de 92 e unha muller de 89 na Residencia Domus VI Carballo.
Son un total de 22 persoas as falecidas na residencias carballesa, e 13 na de Vimianzo.

En canto ao número de hospitalizados, hoxe sube a 12 os presentes no Hospital Virxe da Xunqueira, un máis que a semana pasada.

Máis novas sobre o covid

Artigos relacionados