Sábado. 08.05.2021
El tiempo

COVID: Aumenta tamén a incidencia nos centros de ensino

  • Onte faleceu unha muller de 90 anos na Residencia DomisVi de Carballo.
Desinfectando o colexio de Laxe
Desinfectando o colexio de Laxe
COVID: Aumenta tamén a incidencia nos centros de ensino

Parece que segundo pasan as primeiras semanas deste 2021, vanse notando as consecuencias do Nadal, tamén nos centros de ensino. Non tanto como se esperaba vendo os casos a nivel xeral, pero a subida é importante. A día de hoxe temos nos 19 #concellosQPC un total de 105 positivos en 44 centros, con 8 aulas pechadas. Unhas cifras que nos devolve a finais de novembro, pero que duplica as cifras de decembro.

Así, moitos concellos tomaron decisións como o de Laxe, que levou a cabo durante a mañá do luns, a de desinfección e limpeza do comedor e da cociña do CPI Plurilingüe "Cabo da Area”.

Datos de inciencia do COVID nos centros de ensino Costa da Morte 2021

Concello Centro Total Positivos Aulas Pechadas
CABANA CPI As Revoltas 1 0
CAMARIÑAS CEIP Ponte do Porto 9 0
CAMARIÑAS IES Plurilingüe Pedra da Aguia 2 0
CAMARIÑAS CEIP O Areal 3 0
CARBALLO E.I As Landras 1 1
CARBALLO CEIP Gándara-Sofán 1 0
CARBALLO IES Alfredo Brañas 8 0
CARBALLO CPR Artai 6 0
CARBALLO CEIP Bergantiños 1 0
CARBALLO CEIP Fogar 3 0
CARBALLO CEIP Plurilingüe A Cristina 1 0
CARBALLO IES Monte Neme 4 0
CEE E.I. Municipal Vila da Xunqueira 1 1
CEE CEIP Plurilingüe Eugenio López 2 1
CEE IES Fernando Blanco 2 0
CEE IES Agra Raices 6 0
CORISTANCO CEIP de Bormoio-Agualada 1 0
CORISTANCO EFAG Fonteboa 3 0
CORISTANCO CEIP Canosa-Rus 5 0
CORISTANCO CPI Alcalde Xosé Pichel 2 0
CORISTANCO CRA de Coristanco - Santa Comba 1 0
FISTERRA CEIP Areouta 1 0
LAXE CPI Plurilingüe Cabo da Area 5 1
LAXE EEI de Traba 1 0
LARACHA CEIP Ramón Otero Pedrayo 9 0
LARACHA ES Agra de Leborís 3 0
MALPICA CEIP Milladoiro 1 0
MALPICA IES Urbano Lugrís 1 0
MAZARICOS CPI Plurilingüe da Picota 1 0
MUROS IES Plurilingüe Fontexería 2 0
MUROS CEIP Ramón de Artaza y Malvárez 2 0
MUXÍA CEIP Virxe da Barca 1 0
MUXÍA IES Ramón Caamaño 1 0
SANTA COMBA IES Terra de Xallas 2 0
VIMIANZO CEIP Plurilingüe San Vicenzo 2 0
VIMIANZO EEI de Carnés 1 1
VIMIANZO IES Terra de Soneira 6 0
VIMIANZO CEIP Baíñas 1 0
TOTAL 44 103 8
 

Máis artigos sobre o covid

Artigos relacionados

comentarios