Xoves. 06.05.2021
El tiempo

COVID: Este xoves comeza o cribado na Laracha

  • Este 2 de febreiro faleceron unhome de 87 e unha muller de 78 anos na residencia DomusVi de Carballo. Son un total de 20 os pasamentos na residencia vimiancesa dende o comezo de ano
COVID: Este xoves comeza o cribado na Laracha

Grafica Covid Xaneiro 2021 Costa da Morte
A tendencia de Bergantiños volver ser á alza

Semellaba que a tendencia cambiaba a fin de semana, pero os datos de incidencia de onte volveron ser negativos, debido á nova subida de positivos no Concello de Carballo. 47 novos positivos máis que deixan a comarca de Bergantiños de novo cunha tendencia á alza.

As cifra temos que sumarlle unha nova fin de semana dramática en canto a pasamentos. O día 30 de xaneiro falecían 3 mulleres (de 78, 78 e 84 anos) na residencia DomusVi de Carballo. E o domingo día 31 perdían a vida unha muller de 78 anos e un home de 85 na mesma residencia carballesa, onde son xa 18 dende o comezo de ano.

Datos Covid 1 febreiro 2021 Costa da Morte
Datos do 1 de febreiro

Cribado na Laracha

cribado debuxo

A Xunta vén de confirmar que ante a situación que vive a Laracha e despois da solicitude oficial do Concello, vai realizar un cribado masivo. Dende o xoves día 4 ata o sábado día 6, terá lugar no municipio da Laracha, un cribado poblacional mediante test de saliva aos 5.453 veciños e veciñas de entre 15 e 65 anos, con tarxeta sanitaria activa no centro de saúde da Laracha (incluído o consultorio de Caión), cun teléfono móbil asociado a ela, que non tivesen unha PCR positiva nos últimos tres meses e que non sexan persoal de residencias..

O lugar onde se levará a cabo este cribado é o Parque Empresarial da Laracha (parte posterior do Vivero de Empresas). Todos os veciños deste municipio pertencentes á franxa de idade establecida (6.000 aprox.), serán citados mediante mensaxe sms nos seus teléfonos móbiles, entre as 08:30 e as 19:30.

O alcalde de Carballo tamén solicitou un cribado, mentres seguimos esperando os resultados do cribado de Vimianzo e Camariñas, dúas semanas despois…

Accesos cribado parque empresarial Laracha copia

Máis novas sobre o covid

Artigos relacionados

comentarios