Xoves. 15.04.2021
El tiempo

COVID: As cifras sinalan un aumento do 40% nos novos positivos na última semana

A incidencia nos centros de ensino redúcese á metade trala volta do Nadal
Cribado en Muxia
Imaxe do último cribado en Muxía
COVID: As cifras sinalan un aumento do 40% nos novos positivos na última semana

Como anunciabamos a semana pasada, a tendencia da incidencia do COVID na Costa da Morte, tras varios meses en caída, volve ser á alza. Os datos que o Sergas recolle hoxe na súa plataforma de transparencia sinalan que nos 19 concellos da bisbarra temos 528 novos casos diagnosticados nos últimos 14 días, 152 máis que a semana pasada.

A subida débese ao novo incremento de casos na zona de Bergantiños. En apenas 4 días Carballo doblou a incidencia (de 35 a 68), con importantes subidas en Coristanco, Laxe ou A Laracha.

Porén, o de Vimianzo segue a ser o caso máis preocupante, xa con 110 novos casos (133 activos) e unha taxa de incidencia absolutamente desorbitada.

A subida tamén é grave en Camariñas, que pasou de 28 a 59 novos casos en só 4 días, tendo ademais 62 casos activos. Entre eles, un positivo entre o persoal do CEIP Ponte do Porto, que provocará a creación dun cribado dirixido ao profesorado e aos traballadores do comedor e do servizo de limpeza.
A rexedora camariñá pediu un cribado xeral pero o Sergas indicou que van seguir realizando cribados sectoriais

Mentres Mazaricos e Santa Comba se relaxan, volven subir os casos en Cee e Muxía.

Datos COVID Costa da Morte 11-01-2021

En Galicia estanse diagnosticando arredor de 600 positivos diarios, sendo positivas arredor do 10% das PCRs realizadas. Volve subir a presencia de ingresados no Hospital Virxe da Xunqueira, que hoxe se sitúa en 5, 2 máis que a pasada semana.

Diagnosticados en Galicia de COVID por data

Baixa presencia nos centros de ensino

Hai un mes calculábamos o número de casos nos centros de ensino da comarca e eran 79. Este pasado venres 9, na volta ás clases, o número descendeu a 47, dando conta do bo comportamento da poboación escolar durante as vacacións de Nadal.

Non hai casos moi graves (apenas un par de centros en Cee e Santa Comba con 5 casos positivos) e non hai aulas pechadas.

Concello Centro Total Positivos Aulas Pechadas
       
       
CAMARIÑAS IES Plurilingüe Pedra da Aguia 5 0
CARBALLO IES Alfredo Brañas 1 0
CARBALLO CPR Artai 2 0
CARBALLO CEPPR Aspaber 1 0
CARBALLO CEIP Bergantiños 1 0
CARBALLO CEIP Fogar 1 0
CARBALLO CEIP Plurilingüe A Cristina 1 0
CARBALLO IES Monte Neme 1 0
CEE CEIP Plurilingüe Eugenio López 1 0
CEE IES Fernando Blanco 1 0
CEE IES Agra Raices 5 0
CORISTANCO CEIP Canosa-Rus 1 0
LAXE CPI Plurilingüe Cabo da Area 2 0
LARACHA CEIP Ramón Otero Pedrayo 5 0
LARACHA ES Agra de Leborís 2 0
MALPICA IES Urbano Lugrís 2 0
MALPICA CEIP Milladoiro 1 0
MUROS CEIP Ramón de Artaza y Malvárez 1 0
MUROS IES Plurilingüe Fontexería 2 0
PONTECESO IES Eduardo Pondal 1 0
PONTECESO CEIP Eduardo Pondal 1 0
SANTA COMBA CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña 1 0
SANTA COMBA IES Terra de Xallas 1 0
VIMIANZO IES Terra de Soneira 3 0
VIMIANZO CEIP Baíñas 1 0
ZAS IES Maximino Romero de Lema 1 0
TOTAL 45 0
 

Máis novas sobre o covid

Artigos relacionados

comentarios