Xoves. 28.03.2024
El tiempo

COVID: 5 novos falecidos na residencia DOMUSVI de Carballo

  • Nesta terceira vaga, faleceron xa 13 persoas na residencia DomusVi de Carballo e 13 na residencia vimiancesa.
  • Non para a escalada de incidencia na comarca de Bergantiños.
Residencia DomusVi de Carballo copia
Residencia DomusVi de Carballo
COVID: 5 novos falecidos na residencia DOMUSVI de Carballo

Seguen subindo as cifras de positivos na comarca de Bergantiños. 30 casos máis ca onte os rexistrados en Carballo (suma 373), o que fai que a taxa incidencia na comarca xa supere os 1.000 novos casos por cada 100.000 habitantes.

Soben tamén a cifra de falecidos na comarca bergantiñá. Se o pasado día 22 falecía unha muller de 91 anos no seu domicilio da Laracha, o gromo da Residencia DomusVi de Carballo segue cobrándose vidas. O pasado martes 26 falecían unha muller de 97 e un home de 77 anos, e onte tamén perdían a vida dúas mulleres de 86 e 83 anos na residencia carballesa. Ademais, este día 28 tamén falecía unhome de 80 anos.

Nesta terceira vaga, faleceron xa 12 persoas na residencia DomusVi de Carballo e 13 na residencia vimiancesa.

Evolucion Datos Covid 27-01-2021 Costa da Morte

Comarcas de Soneira e Fisterra

Nas comarca de Xallas e Carnota-Muros parece que a cousa se vai mantendo, aínda con taxas altas.

Na comarca de Soneira seguimos esperando os datos do cribado realizado (aínda estes días) de máis de 6.000 persoas nos concellos de Camariñas e Vimianzo. Os datos semella que van baixando, pero agardamos os resultados.

A incidencia xa se nota tamén no Hospital Virxe da Xunqueira, hoxe con 14 ingresados, 3 máis que os últimos días.

Datos Covid 27-01-2021 Costa da Morte

Máis novas sobre o covid

Artigos relacionados

Comentarios