Venres. 29.03.2024
El tiempo

COVID: Bergantiños dobrega a curva

Esta pasada fin de semana faleceron 5 novas persoas na comarca:

  • O día 30 de xaneiro falecían 3 mulleres (de 78, 78 e 84 anos) na residencia DomusVi de Carballo.
  • O día 31 perdían a vida unha muller de 78 anos e un home de 85 na mesma residencia carballesa, onde son xa 18 dende o comezo de ano.
Grafica evolucion covid xaneiro 2021-Costa da Morte
COVID: Bergantiños dobrega a curva

Tras un mes enteiro de continua escalada, a curva de novos contaxios en Bergantiños mira cara abaixo. Así o ratifican os datos deste domingo, que deixan a cifra total de novos casos nos últimos 14 días en toda a comarca en 968, 120 casos menos que o pasado venres.

É Carballo (con 72 casos menos) o concello que principal provoca esa baixada, pero as cifras tamén sen relaxan en concellos como Camariñas e Vimianzo, onde seguimos sen a análise dos resultados do cribado realizado estas pasadas semanas.

As cifras non baixan aínda na Laracha, onde Xunta realizará un cribado estes días. Un cribado que tamén solicita Carballo.

Así e todo a taxa de incidencia acumulada segue a superar os 640 casos por cada 100.000 habitantes, lonxe dos 100 que a Organización Mundial da Saúde considera máximos para ter controlada a pandemia.
Bergantiños supera a cifra dos 900 casos por cada 100.000 habitantes, as comarcas de Soneira e Fisterra mantéñense por riba dos 600 mentres que Xallas e Carnota-Muros seguen superando os 300.

Datos Covid Costa da Morte 31-01-2021

En canto aos pasamentos, o pasado venres falecían na nosa comarca unha muller de 86 anos no Hospital Virxe da Xunqueira (onde segue habendo 11 ingresados), e dous homes, de 77 e 84, na Residencia DomusVi de Carballo. Ademais o día 30 de xaneiro falecían 3 mulleres (de 78, 78 e 84 anos) na residencia DomusVi de Carballo; e o día 31 perdían a vida unha muller de 78 anos e un home de 85 na mesma residencia carballesa, onde son xa 18 dende o comezo de ano, e outros 12 na de Vimianzo.

Máis novas sobre o covid

Artigos relacionados

Comentarios