Venres. 19.04.2024
El tiempo

COVID: A Laracha solicita un cribado masivo

Datos Covid Costa da Morte 22-01-2021
COVID: A Laracha solicita un cribado masivo

En apenas 3 semanas A Laracha de estar entre 1 e 9 novos casos nos últimos 14 días, a superar a centena, sendo xa un dos 10 concellos con maior taxa de incidencia acumulada, rozando os 1.000 novos casos por cada 100.000 habitantentes.

Ante estes datos preocupantes da evolución da pandemia no Concello, o alcalde, José Manuel López Varela, solicitou á Consellería de Sanidade a realización dun cribado masivo entre a poboación larachesa.
Considérase que esta medida, ademais doutras preventivas específicas que poidan establecer as autoridades sanitarias nos próximos días endurecendo as actualmente vixentes, sería beneficiosa para detectar casos e evitar a
propagación do virus no termo municipal.
O Concello fai un chamamento á poboación para o escrupuloso cumprimento da normativa vixente e apela á responsabilidade individual tanto nos espazos públicos como nos privados como único modo de evitar os contaxios e aplanar a curva da terceira vaga.

A nivel global, na comarca, os datos seguen medrando e sendo preocupantes. 7 concellos superan os 1.000 novos casos por cada 100.000 habitantes (A Laracha, Carballo, Coristanco, Laxe, Dumbría, Camariñas, Vimianzo) e só hai dous (Mazaricos e Carnota) que hoxe por hoxe non superarían o valor de 250 que considera o Sergas para implementar restricións.

Máis novas sobre o covid

Artigos relacionados

Comentarios