Xoves. 25.04.2024
El tiempo

COVID: Continúa a evolución negativa na comarca

  • Dous novos falecidos esta fin de semana, unha muller de 87 anos, n a residencia DomusVi de Carballo; e outra muller de 86 anos, na residencia DomusVi de Vimianzo, sendo xa 14 as persoas falecidas nesta terceira vaga na residencia vimiancesa.
Evolucion COVID Costa da Morte 2021
COVID: Continúa a evolución negativa na comarca

Continúa medrando a incidencia do COVID na Costa da Morte, tras unha fin de semana que se salda con dous novos pasamentos nas residencias DomusVi, e cun incremento de máis de 100 casos con respecto ao venres. Son xa 998 os novos casos rexistrados nos últimos 14 días nos 19 #concellosQPC.

Seguen preocupando as comarcas de Bergantiños e Soneira, ambas rexistrando unha taxa de incidencia acumulada rondando os 1.000 novos casos por cada 100.000 habitantes. Aumentan os casos na Laracha (que xa ten solicitado un cribado), e sobre todo en Carballo.

Neste contexto, “para cando un cribado masivo de covid no concello de Carballo?”, pregúntase agrupación municipalista Xuntos Carballo, despois de solicitar ás autoridades a realización de test masivos no concello carballés, deixando patente a idea de que a hostalería non é a culpable do aumentos dos casos.

Datos COVID 24-01-2021 Costa da Morte

Cribado en Dumbría

Mentres seguimos esperando polos resultados desenvoltos a semana pasada en Camariñas e Vimianzo (a caída de positivos mantense ata onte, e ao ser test PCR os resultados tardan uns días), o Sergas ofrece conclusións do cribado poboacional realizado o pasado xoves no Concello de Dumbría. Foi realizado a veciños de entre 18 e 60 anos, utilizando test de antíxenos (cuio resultado sábese en apenas 15-20 minutos). O número de veciños citados foi de 1.265, dos que 992 acudiron ao momento de cribado, o que supón unha participación do 78%.

Pero o máis importante, é que o cibrado destapou 10 positivos por covid 19, un pouco menos do 1% da poboación que acudiu ao mesmo, unha cifra que suporía unha taxa de incidencia media tamén superior aos 1.000 casos por cada 100.000 habitantes.

As comarcas de Carnota e Muros e Xallas mantéñense relativamente estables, rondando os 250 novos casos por cada 100.000 habitantes.

A día de hoxe mantéñense os 10 ingresados no HVdX.

Ensino

Nos centros de ensino tamén segue aumentando a incidencia. Cos datos do pasado venres (aínda non se actualizaron), son 124 casos (21 casos máis en apenas 2 días) os activos, e 6 as aulas pechadas (2 menos) nos 43 centros afectados.

Danse ademais os primeiros positivos ademais en Coles onde non había incidencia ata o de agora no que levamos de curso, como son o CEIP Praia de Quenxe de Corcubión, o CPR Ntra.Sra. del Carmen de Fisterra ou o CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría.

Concello Centro Total Positivos Aulas Pechadas
CABANA CPI As Revoltas 2 0
CAMARIÑAS CEIP Ponte do Porto 3 0
CAMARIÑAS IES Plurilingüe Pedra da Aguia 3 0
CAMARIÑAS CEIP O Areal 3 0
CARBALLO E.I As Landras 1 1
CARBALLO CEEPR Aspaber 1 0
CARBALLO CEIP Gándara-Sofán 1 0
CARBALLO IES Alfredo Brañas 11 0
CARBALLO CPR Artai 8 0
CARBALLO CEIP Bergantiños 4 0
CARBALLO CEIP Fogar 6 0
CARBALLO IES Monte Neme 6 0
CEE E.I. Municipal Vila da Xunqueira 1 1
CEE CEIP Plurilingüe Eugenio López 2 1
CEE IES Fernando Blanco 2 0
CEE IES Agra Raices 3 0
CORISTANCO CEIP de Bormoio-Agualada 1 0
CORCUBIÓN CEIP Praia de Quenxe 2 0
CORISTANCO EFAG Fonteboa 3 0
CORISTANCO CEIP Canosa-Rus 3 0
CORISTANCO CPI Alcalde Xosé Pichel 5 0
CORISTANCO CRA de Coristanco - Santa Comba 1 0
CORISTANCO CEIP de Bormoio-Agualada 1 0
DUMBRÍA CEIPP Santa Eulalia de Dumbría 1 0
FISTERRA CEIP Areouta 1 0
FISTERRA CPR Ntra.Sra. del Carmen 3 0
LAXE CPI Plurilingüe Cabo da Area 6 1
LAXE EEI de Traba 1 0
LARACHA CEIP Ramón Otero Pedrayo 9 0
LARACHA ES Agra de Leborís 4 0
MALPICA CEIP Joaquín Rodríguez Otero 2 0
MALPICA CEIP Milladoiro 4 0
MALPICA IES Urbano Lugrís 2 0
MAZARICOS CPI Plurilingüe da Picota 1 0
MUROS CEIP Ramón de Artaza y Malvárez 2 0
MUXÍA CEIP Virxe da Barca 1 0
MUXÍA IES Ramón Caamaño 1 0
SANTA COMBA IES Terra de Xallas 1 0
VIMIANZO CEIP Plurilingüe San Vicenzo 3 0
VIMIANZO EEI de Carnés 1 1
VIMIANZO IES Terra de Soneira 5 0
VIMIANZO CEIP Baíñas 1 0
ZAS E.I: Zas 1 1
ZAs CEIP Labarta Pose 1 0
TOTAL 43 124 6
 

Máis novas sobre o covid

Artigos relacionados

Comentarios