COVID nos Centros de Ensino: 99 casos activos e 10 aulas pechadas
Menstres esperamos a que hoxe a Xunta anuncie oficialmente o “máis que probable” peche perimetral de parte da comarca de Bergantiños, que suporá o peche da hostalería, entre outras cousas, analizamos o impacto do Covid nos centros de ensino.
Un coronavirus que mantén 14 dos 19 concellos en algún nivel de alerta sanitaria, e que tamén ve incrementada a súa influencia entre os escolares da bisbarra. Malia que dende o goberno seguen asegurando que o peche das escolas non está previsto, os casos se multiplican.
Hai apenas 3 semanas eran 45 os casos e só unha aula pechada. Onte o número de casos activos chegaban a 99 e a 10 no caso de aulas pechadas. Ningún centro tivo que ser pechado.
O máis afectado é o CEIP Fogar de Carballo, con 22 casos e 5 aulas pechadas.
Concello | Centro | Total Positivos | Aulas pechadas |
Cabana | E.I Municipal A Casa dos Títeres | 1 | 1 |
Cabana | CPI As Revoltas | 3 | 0 |
Camariñas | CEIP de Camelle | 1 | 0 |
Camariñas | ES Plurilingüe Pedra da Aguia | 1 | 0 |
Carballo | CEEPR Aspaber | 1 | 0 |
Carballo | CEIP de Gándara-Sofán | 1 | 0 |
Carballo | CEIP Fogar | 25 | 5 |
Carballo | CEIP Xesús San Luís Romero | 1 | 0 |
Carballo | CRA Ponte da Pedra | 2 | 0 |
Carballo | IES Alfredo Brañas | 5 | 0 |
Carballo | IES Isidro Parga Pondal | 3 | 0 |
Carballo | IES Monte Neme | 1 | 0 |
Cee | E.I. Municipal Vila da Xunqueira | 1 | 1 |
Cee | CEIP Plurilingüe Eugenio López | 1 | 0 |
Cee | CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo | 1 | 0 |
Cee | IES Fernando Blanco | 2 | 0 |
Coristanco | CEIP de Bormoio-Agualada | 1 | 0 |
Coristanco | CPI Alcalde Xosé Pichel | 6 | 0 |
Coristanco | EFAG Fonteboa | 2 | 0 |
Laxe | CPI Plurilingüe Cabo da Area | 7 | 0 |
Malpica | E.I Malpica | 1 | 1 |
Malpica | CEIP Milladoiro | 1 | 0 |
Malpica | IES Urbano Lugrís | 1 | 0 |
Ponteceso | IES Eduardo Pondal | 4 | 0 |
Vimianzo | CEIP Baíñas | 2 | 0 |
Vimianzo | CEIP de Castromil | 1 | 0 |
Vimianzo | IES Terra de Soneira | 5 | 1 |
Zas | CEIP Labarta Pose | 3 | 1 |
Zas | CPI de Zas | 1 | 0 |
Zas | IES Maximino Romero de Lema | 8 | 0 |
TOTAL | Costa da Morte | 99 | 10 |
Entrevista
Máis novas do COVID
- 12-11-2020: A Xunta avisa do “máis que probable” peche da actividade non esencial nos 5 concellos en Nivel 3 da comarca Bergantiños.
- 12-11-2020: COVID: Dumbría ponse en cor amarelo; Cee e Santa Comba saen do nivel vermello-
- 11-11-2020: O Sergas realizará este sábado un cribado masivo en Malpica .
- 10-11-2020: COVID: Coristanco ponse en vermello.
- 09-11-2020: COVID: 7 Concellos en Alerta Vermella (Cee únese á lista) e 19 ingresados no HVdX.
- 08-11-2020: COVID: 6 concellos en alerta vermella.
- 06-11-2020: COVID: Cabana tamén en nivel 3, e só 5 concellos sen alerta COVID.
- 05-11-2020: COVID: Carballo, Malpica e Vimianzo, en Nivel 3, quéixanse da desinformación. Santa Comba entre Nivel 2 e 3.
- 04-05-2020: Carlos do Celme Café: “Xa nos mataron en vida”.
- 03-11-2020: COVID: Malpica tamén se sitúa en Nivel 3 de Alerta sanitaria.
- 02-11-2020: COVID: 13 concellos xa afectados na comarca.
- 30-10-2020: Vimianzo, primeiro concello costeiro que sofre o peche perimetral.
- 28-10-2020: COVID: 10 concellos afectados, 45 positivos en centros de ensino, e 4 hospitalizados no HVdX
- 26-10-2020: COVID: 9 Concellos xa afectados; A Laracha, Carballo, Muros e Vimianzo en nivel 3.
- Un novo estado de alarma para unha nova onda.
- 24-10-2020: COVID: 6 concellos afectados na comarca, nos que Malpica e Muros soben a nivel 2