COVID: A tendencia volve ser á alza
Novo repaso da situación do COVID na Costa da Morte pasadas as festas de Nadal, pero sen tempo aínda poder sacar unhas conclusións.
Onte, mércores, rexistrábase unha nova morte dun paciente da Residencia Domus VI de Vimianzo, un home de 92 anos con patoloxías previas. É o cuarto pasamento en apenas unha semana relacionado co gromo da residencia vimiancesa, que terá que superar esta situación para poder recibir as súas doses de vacinación.
Quedan a día de hoxe 3 ingresados no HVdX.
En canto ás cifras de novos positivos nos últimos 14 días, a comarca rexistra 40 casos máis que hai 3 días, superando os 400 novos casos, unha cifra que había máis de un mes que non acontecía.
Vimianzo segue sendo o concello máis castigado neste outono-inverno, hoxe con 95 novos casos.
No seu peche Zas parece que mellora pero por Camariñas a cousa segue complicada, e a alcaldesa solicitou un novo cribado no sector do mar e da hostalería.
Suben Laxe (que levaba moito tempo sen gran incidencia) e Coristanco na comarca de Bergantiños mentres que na terras de Xallas parece que a cousa se vai calmando.
Os concellos con restricións medio-altas (Hostalería aberta ata as 18:00 horas, cun 30% de aforo no interior e 50% no exterior, e agrupacións de máximo 4 persoas) seguen a ser Camariñas, Vimianzo e Zas (nun peche perimetral común), Mazaricos e Santa Comba (pechados con Negreira), e Dumbría, Fisterra e Muros (con peches individuais).
Máis novas sobre o covid
Artigos relacionados
- 04-01-2020: COVID: Vimianzo non se libra e Carnota recupera a mobilidade.
- 29-12-2020: COVID: 9 concellos, tralo peche de Carnota e Muros, rematan o ano con especiais restricións.
- 28-12-2020: COVID: Vimianzo, Xallas e Fisterra, as zonas onde se manteñen o virus.
- 22-12-2020: COVID: O Plan de Nadal inclúe excepcións entre o 23 e o 25.
- 16-12-2020: COVID: Santa Comba, Mazaricos, Carnota, e Fisterra pasan ao nivel medio-alto de restrición.
- 15-12-2020: COVID: 9 do 10 positivos do IES de Fisterra son usuarios de autobús.
- 14-12-2020: SERGAS fai un novo cribado en Camariñas, Mazaricos e Santa Comba
- 11-12-2020: COVID: Camariñas e Zas entran no peche perimetral de Vimianzo; A Laracha, Cabana e Malpica relaxan restricións.
- 10-12-2020: Preocupan os gromos no IESP Pedra da Aguia e no IES Fin do Camiño.
- 10-12-2020: COVID: "Vasos comunicantes" de norte a sur.
- 06-12-2020: Coa do IES Pedra da Aguia, son 6 as aulas pechadas por covid na comarca.
- 04-12-2020: COVID: As cifras de Bergantiños iguálanse ás do resto da Costa da Morte.
- 02-12-2020: COVID: Como afecta a nova “desescalada” e a reapertura progresiva da hostalería na Costa.
- 01-12-2020: COVID: Así está a situación do coronavirus na Costa da Morte.