Domingo. 03.11.2024
El tiempo

COVID: Vimianzo ponse en laranxa pero a cousa non mellora en Bergantiños

Mapa coVID 18-11-2020
Mapa Covid en Galicia para hoxe 18-11-2020
COVID: Vimianzo ponse en laranxa pero a cousa non mellora en Bergantiños

Parece que os datos van minguando na comarca, e boa proba é que o Concello de Vimianzo ponse en laranxa, a pesar de contar onte con 80 casos activos (8 menos ca onte). Unha situación que se dá porque os novos casos na última semana baixou por debaixo dos 21, sinalando que "a evolución é boa". En todo caso,  recomendan mante as medidas, pero ás 14:15 a alcaldesa terá unha xuntanza virtual da que nos dará conta.

Laxe tamén quedan sen nivel de alerta e a zona sur da comarca está bastante positiva.

Porén, na comarca de Bergantiños, a cousa non mellora, superando xa os 500 casos. O CEIP Fogar segue a ser afectado de Galicia, e máis ten xa 40 positivos (12 máis ca onte, e 9 aulas pechadas. Son un total de 64 casos nos centros de ensino de Carballo, un terzo dos 186 casos confirmados onte en todo o Concello de Carballo.

En Malpica, onte eran 74 os casos confirmados, mentres analizan os datos do cribado con case de 350 probas realizadas o pasado sábado aos colectivos do mar (solicitado pola confraría como medida preventiva), así como ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar. No eido do mar hai satisfacción no póstivo pois acodiu practicamente todas as persoas convocadas.

A estes súmanse os 70 casos en Cabana e os 54 en Ponteceso.

Deste xeito, o mapa queda do seguinte xeito:

  • Nivel 3 (máis de 21 casos positivos por confirmados por PCR na última semana): A Laracha, Carballo, Coristanco, Malpica, Cabana.
  • Nivel 2 (entre 14 e 21 casos positivos confirmados por PCR na última semana): Santa Comba, Vimianzo e Ponteceso.
  • Nivel 1 (entre 7 e 14 casos positivos confirmados por PCR na última semana): Dumbría, Cee e Muros.
  • Nivel 0 (menos de 7 casos positivos confirmados por PCR na última semana): Laxe, Muxía, Camariñas, Fisterra, Corcubión, Mazaricos, Carnota e Zas.

No Hospital Virxe da Xunqueira temos 11 ingresados en planta (1 máis ca onte).

Entrevista

Máis novas do COVID

Comentarios