Venres. 29.03.2024
El tiempo

O desconcerto laboral cabrea aos traballadores de Ferroatlántica

Traballadores das fábricas farán unha concentración pacífica este sábado ás portas da Casa da Cultura mentres o Comité se reúne co Conselleiro de Industria

Manifestacion as portas de Ferroatlantica Sabon
Concentración as portas da fábrica de Sabón
O desconcerto laboral cabrea aos traballadores de Ferroatlántica

Día activo esta fin de semana no seo de Ferroaltántica. Por un lado, moitos traballadores achegábanse a Sabón para compartir a concentración que os compañeiros da fábrica do grupo en Arteixo realizaban para garantir os postos de traballo, e para esixir unha Tarifa Eléctrica para as industrias electrointensivas.

Ademais, a cita serviu para fixar posturas de cara á mobilización que se realizará este luns 1 de abril, para darlle a “benvida” á ministra de Industria, Reyes Maroto, en Santiago de Compostela.

Asemblea nas fábricas

Ademais, o Comité celebraba sendas asembleas nas fábricas de Brens e Dumbría para analizar o mutismo da dirección e a falta de información sobre o ERTE.

Os traballadores amosaron o seu malestar polo desconcerto que xeneran os calendarios de aplicación do ERTE, así como da xornada que se está a facer a día de hoxe sen aínda estar vixente o expediente de regulación. Os traballadores protestan por non saber que días teñen que ir traballar nin que turnos teñen que facer.

Por outro lado o Comité pediu permiso para poder tomar as medidas oportunas de presión para extraer un compromiso real e de futuro de arranque dos fornos que están parados. O Comité sinala que serán medidas de presión “vistosas” pero que non influirán aos traballadores, é dicir, que non implicarán xornadas de folga. Na vindeira reunión tomarán decisións concretas.

Concentración este sábado

Tamén quedou aprobado na asamblea de facer unha concentración pacífica para o sábado día 30, ás 19:00h, coincidindo coa visita do Conselleiro de Industria a Cee, mentres está reunido con Comité de empresa na Casa da Cultura.

Novas do co conflito #Ferroatlántica

Comentarios