Martes. 21.05.2019
El tiempo

O Parlamento únese para defender aos traballadores de Ferroatlántica sen danar á empresa

A parlamentaria do BNG Noa Presas no Parlamento Galego defendendo a moción de apoio aos traballadores de Ferroaltántica
A parlamentaria do BNG Noa Presas no Parlamento Galego defendendo a moción de apoio aos traballadores de Ferroaltántica
O Parlamento únese para defender aos traballadores de Ferroatlántica sen danar á empresa

Este pasado martes, o Parlamento galego uníase para defender o emprego en Ferroatlántica. A raíz dunha moción do BNG, todos os grupos votaron a favor de que a Xunta manteña un contacto permanente cos traballadores e coas traballadoras dos centros de Ferroatlántica e coas corporacións municipais dos concellos afectados para defender o mantemento do emprego e da actividade produtiva.

Iso si, o PP tivo tempo para vetar varios puntos da moción, nos que se reclamaba á empresa a retirada deste ERTE "inxustificado”; o compromiso de reverter as concesións do Xallas se a multinacional reduce postos de traballo nas factorías galega; e tamén se reclamaba a reactivación inmediata dos fornos 13 e 14 da planta de Brens. Estes tres puntos foron rexeitados cos votos en contra do PP. Nese sentido, a parlamentaria nacionalista Noa Presas Presas criticou que a Xunta non se fixe ante a “chantaxe e deslocalización encuberta de manual”.

Tamén saíu adiante a moción que pide Executivo central o Estatuto para consumidores electrointensivos e esixir que non se aplique á industria e demais consumidores galegos o suplemento territorial ou, en todo caso, estes sexan asumidos polo Estado mentres non se resolvan os recursos pendentes. Esta última proposta prosperou pese á abstención do PSOE.

No debate parlamentario, o PP denunciou que o goberno central só tiña que convocar n novas subasas de ininterrumpilibidade; o PSOE pediu que a Xunta esixa e vixíe con firmeza a actuación do executivo central; mentres que En Marea criticou a Xunta e Goberno estatal como cómplices da deslocalización.

Novas do co conflito #Ferroatlántica

Comentarios