Domingo. 28.04.2024
El tiempo

As mulleres do BNG da Costa invaden as redes coa súa campaña polo 25N

365 Dias contra as violencias bng
As mulleres do BNG da Costa invaden as redes coa súa campaña polo 25N

O grupo de Acción feminista, as mulleres do BNG da Costa da Morte manteñen viva estas semanas unha campaña de formación e concienciación para visibilizar a realidade que sofren, cada día, moitas mulleres polo mero feito de selo.

Durante todo o mes levan facendo difusión da campaña “365 dias contra a violencia machista”, para rematar este sábado 25N co acto final en Carnota, acompañando as mulleres de Sonlilá.

As súas redes leva publicando os feminicidios mes a mes, co nome de cada unha das mulleres e nenas asasinadas. E rematarán o próximo 24 coa publicación de todas elas xuntas para ver o impacto e o alcance que ten e que moitos non queren ver. Cada localidade e a Asociación de Mulleres Sonlilá participaron na campaña, elaborando varios videos nos que se explican os diferentes tipos de maltrato. Todos eles fóronse publicando cada día nas redes e tamén estarán todos colgados o día 24.

Pero, dende o BNG consideran que “este labor non é só dun día senón que se debe facer ao longo dos 365 días do ano. Por este motivo, non queremos que todo remate no acto do 25 de novembro e, polo tanto, tamén fixemos uns trípticos nos que informamos de todo isto e máis. Estes irémolos repartindo ao longo do ano nos mercados, concentracións, actos...para chegar ao maior número de mulleres para que esta realidade que temos diante nosa, día a día, sexa cada vez máis visible e todos sexamos conscientes de que existe, de que está aí, aínda que outros partidos políticos como Vox e o PP a queiran agochar. Nós NON”.

Por iso a razón desta campaña tan intensa (dicíannos un día destes que saturabamos as redes), para intentar abrirlles os ollos a moitos que os teñen pechados e poñer o noso gran de area para que isto algún día poida cambiar".

MÁIS NOVAS DO 25N

Comentarios