Buserana tingue de esperanza a concentración do 25N

Este sábado 25 de novembro, unha das citas obrigadas do movemento feminista e de toda a sociedade, dase en Cee. A Organización Feminista Buserana convoca a súa habitual concentración polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
A entidade leva varios anos intentando cambiar o foco e darlle unha entidade máis optimista, para tinguir de esperanza este acto, e demostrar que con educación e cultura a violencia machista disminúe.
Nesa liña se enmarca o Certame Literario de microrrelatos, que cada ano colleita máis participación e relatos cada vez máis sorprendetes. Así, na concentración deste sábado 25N ás 20:00h na Praza 8 de marzo, que se inclúe na Marcha Mundial das Mulleres, como a de Carnota (ás 19:00h), faránse entrega dos premios e procederase á lectura dos relatos gañadores.
E como sempre as mulleres da asociación lerán en voz alta e clara todos os nomes de tódalas vítimas deste 2023, que xa sobrepasan ás do 2022.
Máis novas do 25N
- Chinta Louzán, protagonista da charla do aniversario da Plataforma Reiseñores.
- O BNG de Cee lanza a súa campaña contra o negacionismo da violencia de xénero.
- A moción que Boca de Sapo presenta no Concello de Corcubión polo 25N.
- Sonlilá prepara o acto central do 25N en Carnota.
- Corcubión vive o 25N #DeFronte.
- A nova campaña do #25N da Deputación pon o foco no lecer nocturno.
- Sonlilá ofrece dous obradoiros sobre autocoidado co gallo do 25N.
- Zas, primeiro concello en lanzar o programa do 25N.
- Buserana lanza a terceira edición do seu certame de microrrelatos contra a violencia de xénero.