O Parlamento únese para defender aos traballadores de Ferroatlántica sen danar á empresa
Este pasado martes, o Parlamento galego uníase para defender o emprego en Ferroatlántica. A raíz dunha moción do BNG, todos os grupos votaron a favor de que a Xunta manteña un contacto permanente cos traballadores e coas traballadoras dos centros de Ferroatlántica e coas corporacións municipais dos concellos afectados para defender o mantemento do emprego e da actividade produtiva.
Iso si, o PP tivo tempo para vetar varios puntos da moción, nos que se reclamaba á empresa a retirada deste ERTE "inxustificado”; o compromiso de reverter as concesións do Xallas se a multinacional reduce postos de traballo nas factorías galega; e tamén se reclamaba a reactivación inmediata dos fornos 13 e 14 da planta de Brens. Estes tres puntos foron rexeitados cos votos en contra do PP. Nese sentido, a parlamentaria nacionalista Noa Presas Presas criticou que a Xunta non se fixe ante a “chantaxe e deslocalización encuberta de manual”.
Tamén saíu adiante a moción que pide Executivo central o Estatuto para consumidores electrointensivos e esixir que non se aplique á industria e demais consumidores galegos o suplemento territorial ou, en todo caso, estes sexan asumidos polo Estado mentres non se resolvan os recursos pendentes. Esta última proposta prosperou pese á abstención do PSOE.
No debate parlamentario, o PP denunciou que o goberno central só tiña que convocar n novas subasas de ininterrumpilibidade; o PSOE pediu que a Xunta esixa e vixíe con firmeza a actuación do executivo central; mentres que En Marea criticou a Xunta e Goberno estatal como cómplices da deslocalización.
Novas do co conflito #Ferroatlántica
- 26-03-19: O mutismo de Ferroatlántica segue encendendo ao Comité.
- 13-03-19: O Comité de Ferroatlántica pídelle a López Madrid que veña a negociar o ERTE á Costa da Morte.
- 02-03-19: Concentración ás portas de Brens e reunión en Madrid.
- 28-02-19: Novas negociacións, concentracións e denuncias tensan aínda máis o conflito Ferroatlántica.
- 26-02-19: “Non asinamos o acordo pero conseguimos frear a versión máis dura do ERTE”.
- 25-02-19: O Director Xeral de Industria recibirá ao Comité de Ferroatlántica.
- 22-02-19: A dirección de Ferroatlántica non só se nega a arrincar os fornos, senón que se formula ampliar o ERTE.
- 22-02-19: O Conselleiro confirma que se Ferroatlántica para outro forno rescatará a concesión das centrais.
- 20-02-19: A CIG esíxelle a Ferroatlántica a reactivación dos fornos para continuar negociando.
- 15-02-19: O Comité de Ferroatlántica comeza a unirse ante o perigo do ERE.
- Febreiro 2019: O ERTE de Ferroatlántica poderá afectar a máis do 50% dos traballadores costeiros.
- Febreiro 2019: Os traballadores de Ferroatlántica enfróntanse ao ERTE co Comité absolutamente quebrado.
- 06-02-19: Os grupos parlamentarios lembran a blindaxe dos postos de Ferroatlántica á concesión hidroeléctrica.
- 05-02-19: “O ERE de Ferroatlántica non se axusta á legalidade”:
- 28-01-19: Ferroatlántica divide ao pleno de Cee.
- Xaneiro 19: En Marea esixe a Xunta que faga cumprir a concesión a Ferroatlántica.
- Xaneiro 19: A CIG mobilízase pola readmisión do traballador despedido por un comentario nas rrss.
- Xaneiro 19: O Concello de Cee compromete o seu apoio cos traballadores de Ferroatlántica:
- Xaneiro 19:O berro dos traballadores de Ferroatlántica tamén se escoitou na Coruña.
- Xaneiro 19: “O PSOE fai unha boa declaración de intencións a 6 meses vista pero en 15 días algún pode estar xa na rúa”.
- Xaneiro 19: O BNG leva a pleno o peche dos fornos de Ferroatlántica.
- Xaneiro 19: En Marea critica o peche dos fornos dunha eternamente subvencionada Ferroatlántica.
- Xaneiro 19: “Fornos apagados, todos parados”.
- Xaneiro 19: A parálise de dous fornos e a retirada de materias primas, avisos previos do ERE de Ferroatlántica.
- Decembro 18: A CIG salta ante o posible ERE temporal nas fábricas de Ferroatlántica.
- Decembro 18: Ferroatlántica despide un traballador que foi delegado sindical da CIG por un comentario nunha rede social.
- Outubro 18: A CIG reclama a anulación da votación na que se aprobou o Acordo Marco en Ferroatlántica.
- Xuño 18: O Comité de Ferroatlántica non saiu con boas sensacións da reunión coa Dirección.
- Maio 18: O Comité queima o Acordo Marco de Ferroatlántica.
- Decembro 17: Os traballadores de Ferroatlántica volven concentrarse contra o chamado “Acordo Marco”.
- Decembro 17: Augas de Galicia confirma que as centrais e a fábrica de Brens son inseparables.
- Novembro 17: “A gran mentira” do Plan Industrial de Ferroatlántica:
- 16-05-17: Preocupación no Comité de Ferroatlántica trala falta de compromiso do Conselleiro de Industria.
- 16-02-17: O Parlamento galego esixe por unanimidade que non se autorice a venda de Ferroatlántica
- 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas