Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Rocío Fouz: “Para todos os que formamos grupo La Bamba foi unha situación moi difícil de afrontar e de dixerir”

O verán está traendo o levantamento dalgunhas restriccións para o ocio nocturno, e coa esperanza de volver a disfrutar das verbenas nas nosas vilas. E pómo non só das grandes orquestas vive o mundo das festas, tratamos de coñecer un pouco máis a Rocío Fouz, vocalista e coreografa do grupo La Bamba.
Rocio Fouz do grupo La Bamba
Rocío Fouz, do grupo La Bamba, mándanos un corazón a todos os siareiros da Costa da Morte
Rocío Fouz: “Para todos os que formamos grupo La Bamba foi unha situación moi difícil de afrontar e de dixerir”
  • A.G.: Cando foi esa primeira vez que te interesaches pola música?

Nacin e crecin nunha familia de artistas, jeje. Miña avoa era cantante profesional, meus tíos, miña nai e miñas irmáns cantan, non se dedican a iso, pero levamos a música moi dentro! Así que era a miña paixón desde moi pequena e en canto tuven oportunidade de dedicarme a ela non a deixei escapar.

 
  • A.G.: E agora cantos anos levas encima dos escenarios?

Pois 16, que pronto se din, pero xa son anos...

 Rocio Fouz do grupo La Bamba 2
  • A.G.: Alguha anécdota que se poida contar nalgunha actuación?

Jajajaj teño moitas anécdotas para contar, desde saír do camerino correndo e caer en plena actuación, ata aquelas que con as prisas saes sen un zapato e a medio vestir.

 
  • A.G.: Cal é a túa canción preferida para cantar?

Facendo referencia ao grupo, no que en el podo cantar, miñas preferidas son todas aquelas baladas que versionamos.
As últimas que disfrutei cantando son “Solamente Tú” de Pablo Alborán que a fixemos en bachata e “Vas a Quedarte” de Aitana, que a fixemos en merengue.

 
  • A.G.: Un grupo como La Bamba, como viviu o inicio da pandemia e ver que se cancelaba todo?

Foi un golpe durisimo. Un choque emocional e económico moi grande, e difícil de asimilar. Para La Bamba ía a ser o mellor ano, tiñamos invertido e apostado moito para que así fose. Unha inversión en escenario, montaxe, son e en personal. O peche das actuacions estaba por encima do esperado e incluso xa cun verán completamente cerrado. Ante esta situación onde invirtes e apostas, imaxínate o que significa que de pronto te atopas de fronte cunha pandemia, algo que parece de película e irreal.
Para todos os que formamos grupo La Bamba foi unha situación moi difícil de afrontar e de dixerir.

 
  • A.G.: E falando da pandemia, tiveches que cambiar os escenarios pola residencia como enfermeira.

Pois non me quedou máis remedio, era eso ou nada, afortunadamente tiña meus estudios, e saíume a oportunidade e aceptei Pero a pesar de que ser sanitaria é outra das miñas pasions foi moi duro, moito máis no momento no que entraba, pois era a primeira vez que me dedicaba á enfermería e con toda a situación covid vivín momentos realmente complicados que non serán fáciles de olvidar!

 Rocio Fouz do grupo La Bamba 4
  • A.G.: Xa que o viviches de primeira man, que pensas dos negacionistas?

É algo que respecto pero que non entendo, nin comparto!
A realidade é unha e a que se ve cada día, en aproximadamente ano e medio miles de falecidos, empresas arruinadas, familias destrozadas... non creo que sexa necesario decir moito máis, cada quen é libre, eu só falo do que sufrín e vivín todo este tempo.

 
  • A.G.: Pouco a pouco van sacando as restriccións para o ocio nocturno, xa preparada para volver?

Moi preparada, e máis que preparada, ilusionada, teño moitísimas gañas de volver á miña normalidade!

 
  • A.G.: Que novo éxito musical tes gañas de interprerar por primeira vez?

Neste momento son tales as gañas de subirme ao escenario e saír a cantar, que ata os que menos me gustasen os disfrutaría ó máximo, jajajaja.
Pero dígoche que estou preparando a versión en acústico do tema que sacaron fai dous meses David Bisbal e Danna Paola (Vuelve)

 
  • A.G.: O público da Costa da Morte, e diferente a outros lugares de Galicia?

Sí o é!!! Tiven a sorte de coñecer o público de casi toda Galicia, por no dicir toda, e, sen ánimo de ofensa para o resto, teño que dicir que o da Costa da Morte é único, vas para a casa incríblemente emocionada, porque en cada festa, chova ou trone, sexas La Bamba ou París de Noia o dan todo, entréganse en un 100% e eso para nós é moi gratificante.

 
  • A.G.: Para un grupo, é máis difícil cerrar fechas cas comisións para as festas?

Non, para nada, independientemente de que sexas grupo u orquesta, as comisións o que buscan e unha boa actuación musical, que guste, que quede ben, e que fagan festa. Claro, eu faloche desde a miña experiencia co meu grupo, e nese sentido non se me fixo máis difícil para cerrar datas!

 
  • A.G.: Tes unha carreira ampla como cantante pasando por varias orquestas, pero gustariache dar o salto a unha Olympus ou Paris de Noia?

En este momento da miña vida, non!
Estar nunha orquesta dese nivel (sin desprestixiar á miña que tamén o ten jajajaa) implica dedicarse plenamente á orquesta, por e para ela exclusivamente. Quizáis, 6 ou 7 anos atrás estaría encantada de ter esa oportunidade, pero hoxe por hoxe non é a miña prioridade, estou moi contenta en La Bamba, e dedícolle o tempo xusto e necesario e todavía me sobra para compartir coa familia e ter unha vida máis tranquila!

Entrevistas semellantes

Comentarios