Xoves. 29.10.2020
El tiempo

Os traballadores de XEAL volveron á rúa

Así foi a concentración dos traballadores neste 9 de xullo de 2020
Así foi a concentración dos traballadores neste 9 de xullo de 2020
Os traballadores de XEAL volveron á rúa

Esta tarde de xoves 9 de xullo, os traballadores de XEAL volveron manifestarse ás portas do Concello de Cee, para volver alzar a voz polo mantemento da actividade produtiva e dos postos de traballo. Aseguran que nestes momentos a produción de ferroaliaxes é inferior ao 8% da capacidade das fábricas e hai un recorte progresivo no emprego directo e nas auxiliares e subcontratas.

A protesta tamén mira cara a Xunta, para que esta “esixa dunha vez á empresa o tan demandando plan de viabilidade ao que obrigan as cláusulas das concesións hidroeléctricas e que cobra máis urxencia tras a negativa da dirección de XEAL a pór en marcha os fornos unha vez rematado do ERTE”.

De igual xeito, o comité pide “aos concellos da comarca da Costa da Morte que actúen nunha fronte común na defensa dos empregos e da produción de ferroaliaxes nas fábricas de Cee e Dumbría e esixan á empresa que recupere a actividade dos fornos e execute os investimentos comprometidos”.

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA

comentarios