Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Fotocolaboradores QPC: “Dende o seu punto de vista”

Fotocolaboradores QPC: “Dende o seu punto de vista”
fotocolaboradores QPC

Queremos facer hoxe unha sentida homenaxe a todos aqueles fotógrafos, afeccionados e profesionais, que fan, e que fixeron, durante estes 5 anos de vida, de QPC unha das fontes de información máis seguidas da Costa da Morte. A humildade desta redacción fai que as colaboracións, tanto en texto como en foto, sexan unha fonte primaria importante, facendo unha realidade na Costa da Morte aquelo do Xornalismo Cidadán.

Hoxe queremos agradecer a todos os que nos permitides chegar a cada recuncho da Costa, a cada nova de interese, a cada suceso. De feito, sen todos estes fotocolaboradores, QPC non tería xeito.
Pasaron por QPC (e axudamos a facelos máis coñecidos) xentes como Marcos Rodríguez, Xusto Fisterra, Juan Louro... e outros que hoxendía traballan profesionalmente.

Pero hoxe queremos facer especial fincapé neses colaboradores que nos mandan esporadicamente, e en función do que aconteza ao seu redor, as súas imaxes.
Falamos dos Felipe Sar, Juan M. Trillo, Mario Rodríguez, Dani Vázquez, Quin de Muros, Ovidio Castro, José Insua Traba, Esteban Petrallo, Xoán Ramón Alvite, Marta Rey, Braulio García, Fran Saleta, Stevo Lema, Toto Lestón, Juanma Ronquete, Iván Franco, Santi Soneira, Javi Jemisa, Adrián Abella, Chiara Laia, César Pérez, Felipe García, Víctor Santos, Darío Gómez, Jose Manuel Ojén, Jesús Trillo, Rosa Sánchez, Edita Cambeiro, Anabel Piñeiro, Fabio Silva, Alex Feba, Barca Lema, Marina Canosa, Nacho Castanedo, Paloma Trillo, Laura Canosa, Aritz Saez, Sergio Rodríguez Alabau... e unha infinidade de nomes, que se compaxinan con algúns dos nosos creadores de opinión que tamén nos informan en clave de imaxe demostrando o seu compromiso informativo como Quique Portela, José Luís Louzán, Raúl Góñez, Viki Rivadulla, Manuel Vilar, Jano Lamas, Susana Alvite ou Darío Areas.

E non podemos esquecer a esa parte intrínseca da familia QPC que nos trae cada día a foto matutina ao noso Facebook, que non é outro que Javi Mos, coa axuda ás veces de Tania Carreira Rial e a súa Costa da Morte Galicia, Javier Calaza, Fran Lago, Lorena Martínez Canosa, David Lourido, Ana Díaz, Rosaura Romo ou Irene García Patiño.

Pero ante todo, queremos destacar hoxe aqueles que nos permiten chegar a cada campo do #futboldacosta cada fin de semana. E non só aos campos, senón tamén ás bancadas, aos vestiarios... E antes que ninguén, ao primeiro que temos que nomear é a Jorge Parri, un home que só polo seu amor ao deporte da Costa, e por darlle un impulso, colle a cámara e percorre todos os campos de fútbol do sur da Costa así como os pavillóns.

Así, queremos deixar constancia de todos os que nos abrides unha fiestra aos campos de fútbol da Costa da Morte:

  • Santi Díaz (Baio).
  • Alejandro Mel (Baio).
  • Iván Vilas (Baio).
  • Sara Ramos (Mazaricos).
  • Jorge Domínguez (Corcubión).
  • Luís Alberto Sambad, ou Luigi da Costa (Muxía e Fisober).
  • Fran Insua (Fisterra).
  • Edu Olveira (Montelouro).
  • Gonzalo Sestayo (Volantes).
  • Wash Calvo (Malpica e Buño).
  • Luís E. Porto (Malpica).
  • José Cambeiro (Cee).
  • Nerea Blanco (Cee).
  • Mauri de Camelle (Camelle).
  • Os Leóns de Camariñas (Camariñas).
  • Dani Facal (Alcaián).
  • Bryan Lita (Independiente).
  • Sergio Aranzubía (Cabana).
  • Nuria Brenlla (Castriz).
  • Víctor Santos (Nantón).
  • Cristian Gómez (Coristanco).
  • Jason Brea (Outes).
  • Mca Cuns Alvite (Xallas de Santa Comba).
  • Manuel Caamaño (zona sur).
  • E as activas cámaras, na sombra, da UD Cerqueda, UD Sofán, UC Cee, CD Baíñas...

E como non, tamén agradecer os que nos permiten coñecer o que acontece noutros deportes a través das súas fotos, como Rafael Quintáns, seguindo ao ACB Costa da Morte, Fran Toba co seu Fisober, Waldito e Carlos Waldomar para QPC Motor, Stevo Lema para o Anorthosis, Quique Portela co Piragüismo Dumbría... E moitos máis que seguro que se nos esquecen.

A todos e cada un deles, e aos que se nos esquecen, un millon de gracias por seguir facendo crecer a Familia QPC.

Novas QPC

Fonte

Comentarios