Venres. 03.04.2020
El tiempo

QPC, exemplo dos micromedios que collen pulo na Internet galega

QPC, exemplo dos micromedios que collen pulo na Internet galega
Ubaldo Cerqueiro de QPC, Cruz Negreira da USC, e Ana Conde de Teo Vivo, no Consello da Cultura Galega Ubaldo Cerqueiro de QPC, Cruz Negreira da USC, e Ana Conde de Teo Vivo, no Consello da Cultura Galega Os micromedios collen pulo na Internet galega. Así o constata o propio Consello da Cultura Galega trala xornada “Panorama de iniciativas culturais galegas na rede, que se desenvolveu onte e na que QPC foi unha das protagonistas. Ante unha sala chea de alumnos universitarios, profesionais de medios como Praza Pública, Galicia Confidencial, Sermos Galiza, Campo Galego, Teo Vivo, Que pasa na costa, Palabra Comum, A sega ou Gz Música amosaron que a media galega vai moito máis alá das grandes cabeceiras que sobreviven gracias as inxustas axudas públicas. Alumnos Universitarios nas Xornadas do Consello da Cultura Galega Alumnos Universitarios nas Xornadas do Consello da Cultura Galega E foi unha experiencia moi positiva para xentes que son usuarios da rede, sobre todo a través de dispositivos móbiles, pero que ademais poderán ser protagonistas da comunicación nas vindeiras décadas. Os futuros xornalistas toparon cunha cara que se cadra non coñecían, esta serie de novos micromedios ou cabeceiras mantidas por usuarios ou pequenos grupos de particulares con dinámicas propias dun medio de comunicación. A versatilidade do traballador-emprendedor foi unha das cousas máis destacadas das xornadas, saíndo dos mitos da xornada laboral e os convenios. “Agora toca facer de todo”, explicaron Ubaldo Cerqueiro de QPC ou Ana Conde, do fermoso proxecto offline Teo Vivo. Ubaldo, pola súa banda, repasou a historia de QPC, analizou a súa estrutura, e destacou os puntos fortes que fan deste humilde diario dixital a gran referencia informativa na rede costeira: a atención ao Fútbol da Costa, e a #ComunidadeQPC, esa cantidade de colaboradores que comparten a información directamente con nós e que nos permiten chegar a cada parroquia. Esa idea de que o #XornalismoCidadán é unha realidade na nosa bisbarra é o meirande orgullo deste diario, xunto á redución da fenda dixital e a concienciación comarcal e medioambiental. Por todo, iso gracias por permitirnos seguir vivos tras 9 anos na rede.   Podedes ver a intervención de Ubaldo Cerqueiro a partir do minuto 1h25’.  

Máis novas QPC

Formación QPC

Máis novas QPC

Fonte

comentarios