Venres. 26.04.2024
El tiempo

QPC participa como iniciativa sostible na rede nunha Xornada do Consello da Cultura Galega

QPC participa como iniciativa sostible na rede nunha Xornada do Consello da Cultura Galega
Xornada Panorama das iniciativas culturais galegas na rede do Consello Cultura Galega

Un luxo para nós que unha entidade como o Consello da Cultura Galega nos invite a participar nunha xornada tan interesante como a prevista para o vindeiro martes 8 de novembro. A Xornada “Panorama das iniciativas culturais galegas na rede” revisará diferentes proxectos que se manteñen vivos a través de plataformas dixitais. Entre nomes como Galicia Confidencial, Praza, Sermos, ou Campo Galego, está tamén Que pasa na Costa.

Ubaldo Cerqueiro participará nunha mesa sobre “Experiencias galegas sostibles” xunto a Ana Conde, de Teo Vivo, coa intención de compartir como é posible soster un proxecto comarcal coma este con 9 anos de historia.

Unhas xornadas abertas que servirán para coñecer os os mecanismos que empregan para o seu funcionamento e contextualizala no ámbito internacional. Joäo Canavillas abrirá as xornadas ás 10:00h en clave social. Hakan Casares faranos un mapa de iniciativas culturais galegas na rede. Ás 11:45h GC (Xurxo Salgado), Praza (David Lombao), Sermos (Rocío Castro) e Campo Galego (David González) compartirán a primeira mesa, seguida da de QPC e TeoVivo. Xa pola tarde, continúa a xornada cunha panorámica ás revistas culturais dixitais, moderada por Manuel Gago e con Alfredo Ferreiro (de Palabra Comum), Lara Rozados (A sega) e Daniel Lavesedo (GZmúsica). Alberto Marinelli e Andreu Casero Ripollés pecharán a xornada.

Unha xornada que se desenvolverá no Consello da Cultura Galega, no 2º andar do Pazo de Raxoi, na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela. A inscrición é obrigatoria e de balde, e podedes facela no 981 957 202, ou [email protected].

Máis novas QPC

Formación QPC

Máis novas QPC

Fonte

Comentarios