Venres. 29.03.2024
El tiempo

Sicixia leva a Costa da Morte ao XXI Festival Cinespaña de Toulouse

Sicixia leva a Costa da Morte ao XXI Festival Cinespaña de Toulouse
A Costa da Morte foi un dos lugares elixidos por Ignacio Vilar para a rodaxe de Sicixia A Costa da Morte foi un dos lugares elixidos por Ignacio Vilar para a rodaxe de Sicixia Sicixia - a longametraxe rodada case integramente na Costa da Morte e que pon en valor o rico patrimonio material e inmaterial da bisbarra - acaba de ser seleccionada na sección Oficial do XXI Festival Cinespaña de Toulouse - Francia - . O filme foi un dos seleccionados entre as 128 longametraxes de ficción españolas que se presentaron e competirá cos outras seis películas na categoría de ficción ante un xurado formado por recoñecidos profesionais do cinema francés. O filme - dirixido por Ignacio Vilar - opta á "Violette d'or", premio á mellor longametraxe, así coma aos premios a mellor director, mellor actor/actriz protagonista, mellor guión, mellor fotografía, mellor banda sonora e o premio do público. A participación dun filme 100% galego neste certame supón de antemán un notable recoñecemento ao noso cinema e contribuirá á difusión da lingua e da cultura a través de dúas proxeccións durante a presente edición do Festival que serán o 3 de outubro - ás 18 horas - e o 6 de outubro - as 19:45 horas -. Precisamente este día será a presentación oficial do filme que estará acompañado dun coloquio da man do director - Nacho Vilar - e do actor protagonista - Monti Castiñeiras -. A estrea de Sicixia nas salas de cinema será o vindeiro 25 de novembro. A Esmorga Ésta é a segunda ocasión na que Vía Láctea Filmes participa no Festival Cinespaña. Fixoo o ano pasado con A Esmorga, que foi o filme máis laureado na pasada edición (Mellor director, Ignacio Vilar; Mellor actor protagonista ex aequo Karra Elejalde, Miguel de Lira e A. Durán "Morris" e Mellor Fotografía, Diego Romero Suárez-Llanos).

Máis información

Novas cinematográficas

Fonte

Comentarios