Sábado. 05.10.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Trío de cabeza con susto

1ª Autonómica: Trío de cabeza con susto
Susto en Pedra Queimada-Foto-Wash Calvo

Xornada de contrastes a vivida esta semana para os equipos costeiros na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. Por un lado, vemos tres equipos formando o podio da categoría. Baio, Sofán e Corme son agora os tres primeiros equipos da 1ª, tralas súas vitorias, quedando aínda sen coñecer a derrota.

Pero a xornada estivo marcada pola suspensión do choque en Malpica, onde un xogador do Silleda sufría unha aparatosa caída e tiña que ser trasladado en ambulancia. Un deses sustos que deixan sen gañas de xogar.

Polo demais, mala sorte para a Esteirana que viu escapar no último instante o que a piques estivo de ser a súa primeira vitoria.

A Clínica Vértebra patrocina a 1ª Autonómica - Coñécenos a través do Facebook

Esteirana - Unión (1-1)

Esteirana-Union-Foto-Conchy
  • ESTEIRANA: Fabio, Sui, Code, Chispi, Eloi (Maseiras, min.65), Martín, Álex, Andel (Saúl, min.53), Simón, Adrián (Serrano, min.57) e Róber Pladur (Pabliño, min.82).
  • Goles: 1-0, min.30: Álex marca un golazo tras revolverse na área colocándoa perfectamente ao pau contrario; 1-1, min.88: Disparo axustado desde fóra que sorprende a defensa.
  • Lesións: Eloi con golpe no xeonllo dereito.
  • Expulsións: Chispi tras disputa dialéctica cun rival.
Esteirana-Union-Foto-Conchy

Corre a 5ª xornada de liga e a Esteirana aspira a sacar a cabeza de aí abaixo canto antes, con todo isto ben que se viu na Salina un equipo local moi enchufado e bregador. Namentres o Unión arribou na zona media da táboa pero cunha ambición propia dun equipo punteiro que puxo moitísima garra nos 98' de partido. Comezaba cos de Asados volcados e dispoñendo de 4 córners seguidos, amedrentando así aos locais que pouco a pouco foron entonándose ata marcar Álex no 30 un golazo. Un Róber Pladur moi batallador dispuxo de outra clara na primeira.

Co marcador en contra o Unión saliu a pola vitoria abusando dun xogo moi físico, e isto o aumento da intensidade no xogo e o público ben que o agradeceu, pois os case 300 afeccionados estiveron encima todo encontro. Volveron os locais a crear perigo nas contras e tras varias interrupcións, un disparo lonxano colouse ben pegadiño ao pau e puxo o empate no marcador. Xa daquela a Esteirana xogaba cun home menos despois dunha tangana onde salía malparada.


Malpica - Silleda (Susp.)

Ambulancia en Pedra Queimada-Foto-Wash Calvo
  • MALPICA: Abraham; Pablo Díaz, Diego, Juanjo Rabuñal, David Castro, Joel Pereiro, Fernando Varela, Adrián, Rodrigo, Martín Maradona e Kevin.

Partido suspendido no min.28 tras un encontronazo entre Juanjo e o xogador do Silleda Diego Iglesias, con mala caída de ambos. O xogador rival tivo a peor parte, caendo coa cara no campo e mordeu a lingua, tendo que ser asistido e recollido por duas ambulancias (unha medicalizada). Foron momentos de moita tensión pois o rapaz quedou varios segundos sen respirar. Viñeron duas ambulancias e tras ser atendido polos profesionais da menciña foi evacuado ao Hospital, foi tanto o pánico que cundiu entre árbitros, directivos e futbolistas, que acordaron suspender o partido.

Un asunto que require un estudio en profundidade das asistencias en competición. A federación non pode deixar todo no aire.


Corme - Bertamiráns B (4-2)

Corme e Bertamirans B-Fin Lema
  • CORME: Javi, Dani Cousillas (Antoniño, min.80), Pandi, Jesús (Joshua, min.72), Diego (Jose, min.70), Alejandro, Brais, Lucas, Juan Chans, Toniño e Alejo.
  • Goles: 0-1, min.30; 1-1, min.32: Alejo; 2-1, min.65: Alejo de penalti; 2-2, min.66; 3-2, min.72: Juan Chans; 4-2, min.90: Jose tras unha gran xogada de Antoniño e Alejo.
Juan Chans marcou un gol- Foto-Edu Cambon

Non para este Corme. Os de Lentejo levan a marcha posta e vai ser complicado paralos. Souberon aguantar as embestidas locais, e mataron o partido. E iso que se metía por diante o filial do Bertamiráns, pero Alejo empataba de seguido.

Saíu mellor o Corme na segunda e desta volta era o Corme o que se metía por diante, de novo co tanto de Alejo dende os 11 metros. Pero un minuto despois empataría o cadro amarelo e negro. Apareceu a calidade cormelá, cun Juan Chans que anotaba o terceiro, e Jose, que facía a sentenza xa no último segundo tras unha fermosa xogada de Antoniño e Alejo.


Sofán - Flavia (3-0)

11 do Sofan-Foto-SD
  • SOFÁN: Sito, Javi (Bertín, min.85), Rubén, Félix, Boedo (Cristian, min.86), Míchel, Luís (Brais, min.70), Bertín (Seo, min.85), Raúl (Martín, min.60) e Iván Rojo.
  • Goles: 1-0, min.37: Luís a centro de Iván Rojo tras un bo pase en profunidade de Raúl; 2-0, min.77: Iván Rojo define con claridade; 3-0, min.87: Brais.
Sofan-Flavia-Foto-SD

Non falla este Sofán nun fantástico inicio na súa estrea na categoría. Onte foi o Flavia, que viña por diante na clasificación, o que comeu o polvo no Carral, tras un novo partidazo que arrincaba de xeito trepidante, con dúas clarisimas ocasións da SD en botas de Rubén e Luís. Seguía o cadro local ameazando a portería rival pero Raúl, Luis e Félix marraban claras ocasións, mentres os padroneses ían estirándose e xa chutaban dende lonxe.

Pasaba da media hora cando unha boa xogada por banda remataba co gol de Luís, que facia xustiza ao visto no terreo de xogo tras unha fermosa primeira metade.

Tardou en sentenciar nunha máis trabada segunda metade a SD e sufriu por momentos, pero con espacios a velocidade dos homes locais foi mortal para a lenta defensa visitante, que sufriu en cada contra. Iván Rojo e Brais facían a sentenza para unha nova vitoria sofanista, que suma xa 5 partidos sen perder na 1ª Autonómica.


Baio - Puebla (1-0)

Baio-Puebla-Foto-Marta
  • BAIO: Dani, Jose (Fachal, min.55), Yago, Mario, Costiña, Brais, Bieito, Martín (Ramón, min.76), Saleta (Alberto, min.46), Christian (Santi Díaz, min.89) e MC.
  • Goles: 1-0, min.63: MC.

Un gol de MC, e xa van 3, volve dar 3 puntos ao líder da clasificación. Plantou cara o equipo da Pobra, sempre, iso si, a mercé do que facían os de Félix, que puideron desestabilizar a balanza na primeira metade se non repelise o pau un tiro de MC, ou se o colexiado non anulase un tanto.

Na segunda seguíu o cadro local buscando a vitoria e a atopou co gol do 7 baiés.

Cordeiro - Soneira (1-1)

Soneira-Lesende-Foto-Basalo
  • SONEIRA: Anxo, Pichi, Fran de Urroa, Alberto (Cristian Figueroa, min.74), Maikel, Sandelo, Richi, Mayor, Basti, Javito e Nazo (Iván Chans, min.80).
  • Goles: 1-0, min.37; 1-1, min.95: Basti de penalti.
  • Expulsión: un xogador local no min.69.

Un gol de Basti de penalti no desconto vale un punto para os de José Ángel e Basalo, nun partido no que as sensancións foron moito mellores que noutros partidos, cun Soneira moi serio, creando moitas ocasións pero faltando definición.

Comezaba ben o partido para os vimianceses, cunha internada de Richi e un tiro que saca a córner o meta local. Estirábase tamén o Cordeiro e Anxo tivo que sacar un bo disparo, mentres na área contraria Javito mandaba ao poste.

Despois dunha pequena tregua, era o equipo local o que se diantaba á media hora tras unha falta sobre Maikel que non pitou o colexiado a pesar das protestas dos soneiráns. Basti marraba un man a man a fío do descanso pero o porteiro facía un paradón.

Tiña que saír forte o Soneira na segunda e fixo moi bos 45 minutos. O primeiro en avisar era Mayor cunha boa falta dende a frontal á que respostaba de novo o porteiro local cun paradón. Maikel remataba un córner ao longueiro e Javito provocaba un córner tras unha xogada na que levou a dous rivais pero non puido co porteiro. Eran os mellores minutos do Soneira pero nunha contra Anxo salvou un gol cantado.

Quedaba o Cordeiro con 10 e o Soneira tiña que estirar aínda máis as liñas. As ocasións seguían chegando pero non entraban ata que no desconto un penalti sob Cristian Figueroa era convertido no empate por Basti.

Crónicas da 1ª

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios