2ª Autonómica: Club do Mar e Fisterra apretan ao líder
Segue líder o Camariñas tras esta 15ª xornada, a pesar do seu tropezo na casa ante o Castriz, que arrincaron un punto do Hermanas Patiño tras 9 vitorias consecutivas dos de Manolín.
Por detrás seguen Club do Mar e Fisterra que non ceden e apretan por detrás. 6 puntos saca o Fisterra ao 4º, agora o Baio trala derrota do Muros en Malpica.
Fisterra - Zas (5-3)
- Fisterra: Joselu (Gus, min.46), Piti, Manuel Cartamil (Borja Munitis, min.80), Nico, Juan, Cote, Santi, Roco, Tata (Rivas, min.75), Marco Docabo (Guardiola, min.70), Dudo (Mané, min.63).
- Zas: Damian, Martín (César, min.70), Lagoa, Mancebo, Diego, Peque, Juan (Rafa, min.75), Pablo (Germán, min.35), Rubio, Pichin, Pablo Muiño.
- Goles: 1-0, min.5: Roco; 2-0, min.25: Tata á saída un córner que peina Roco; 3-0, min.29: Roco tras unha xogada persoal; 3-1, min.48: Diego; 4-1, min.60: Tata; 4-2, min.65: Pablo Muiño; 5-2, min.80: Mané; 5-3, min.85: Pablo Muiño.
Comezaba o partido en Ara Solis cun cadro local volcado coa familia do directivo Lolo. I é que a súa filla, Marta, está ingresada no Hospital por unha grave enfermidade e os xogadores e corpo técnico quixeron brindar asía a súa homenaxe a toda a familia baixo ese "Marta, estamos contigo".
Xa en materia deportiva, o Fisterra non o tivo fácil ante un aguerrido Zas que nunca deu por perdido o choque malia ir sempre en desvantaxe. Roco, por dúas veces, e Tata puñan un 3-0 que parecía definitivo tras media hora de partido. Na segunda o Zas foi polo empate e recurtou pronto, pero Tata ocupouse de ampliar a vantaxe e borrar toda clase de perigo de empate. A lesión de Joselu obrigou ao lateral Juan meterse na meta local, o que permitiu que as chegadas zaenses tivesen máis perigo.
Club do Mar - San Lorenzo (3-0)
- Club do Mar: Yago, Chori, Repi, Luis, Rubén (Isaac, min.85), Alex, Fran Borrazas (Piñeiro, min.80), Joni, Bertin (Manu, min.80), Santi Silva e Vituco.
- San Lorenzo: Recarey (Sergio, min.80), Santi (Chuchi, min.75), Adrian, Casilleiro (Canteiro, min.44), Puñal, Dubra (Anxo, min.46), Carlos, Cachizo, Marcos (Bolón, min.60), Miguel e Chechu.
- Goles: 1-0, min.10: Santi Silva; 2-0, min.25: Bertín; 3-0, min.76: Bertín de cabeza.
Pouco puido facer o San Lorenzo de Chema Eirís ante un Club do Mar claramente superior. Os caioneses dominaron dende o primeiro minuto e xa aos 25 minutos marchaban con 2 tantos de vantaxe. Carlos puido empatar antes do segundo tanto de Bertín, tras unha falta lateral pero a sorte non estivo de lado dos de Verdillo. O cadro local sentenciou mediada a segunda metade.
Camariñas - Castriz (1-1)
- Camariñas: Pombo, Carlos, Maikel, Breo (Paco, min.55), Alberto, De la Sierra, David, Brais, Javi, Juan oBello e Leo.
- Castriz: Herrera, Michi, Sergio Pose, Alejandro, Toniño, Rubén (Prego, min.80), Martín (Pablo, min.68), David Agra, Alberto, Mauri e Sebas.
- Goles: 0-1, min.20: Alberto a centro de Martín; 1-1, min.80: David.
Non valeu o dominio do balón e das mellores ocasións para que o Camariñas sumara a 9ª vitoria consecutiva. Os de Manolín non souberon remontar a este irregular Castriz, que recupera fóra de casa o que perde en San Pedro, agora adestrado polo propio presidente Manolo García. I é que os xalleiros se puxeron por diante e recuaron mantendo ben firme a súa liña defensiva e facendo dano á contra.
Pasou unha hora de xogo e media ducia de ocasións para os camariñáns, que non foron quen de aproveitar. Só David, a falta de 10 minutos para o final, foi quen de empatar. Contra o final, o Castriz puido levar o partido se o colexiado non anula un tanto.
Esteirana - Dumbría B (2-2)
- Esteirana: Beni, José Varela, Simón, Dani Rama, Damián Suizo (Maceiras, min.70), Picholeiro, Uru (Iago, min.65), Isma (Álex, min.46), Cajulo, Andel (Eloy, min.46) e Roberto Pladur.
- Dumbría B: Sergio, Samuel, David Carreira, José Manuel, Ramiro, Yeray, Pablo Lestón; Chucho, Riki (Adrián, min.66), Roy e Fernando.
- Goles: 1-0, min.15: Damián Suizo; 2-0, min.25: Roberto Pladur; 2-1, min.30: Yeray; 2-2, min.40: Yeray.
A dimisión de César Ferrío deixou unha semana complicada en Dumbría, pero o filial dumbriés volvía contento de Esteira tras arrincar un punto que parecía imposible tralos goles iniciais do Suizo e de Roberto Pladur. o xuvenil Yeray foi o autor de dous tantos antes do descanso, que puñar o empate no marcador, que non se moveu en toda a segunda metade.
Baio - Corcubión (3-1)
- Baio: Manuel, José Antonio, Iván (Fredi, min.90), Matías (Ramón, min.45), Mario, Eloy (Rubio, min.70), Martín, Alberto, MC, Javi Suárez e Canai.
- Corcubión: Andrés, José de Atalaya, Sancho (Paulo min.75), Sergio Manín, Conguito, Sebas, Papi, Alán (Alberto, min.80), Lourido, Mario (Johnie, min.70) (Tarrela, min.96) e Miguelón.
- Goles: 0-1, min.10: Lourido; 1-1, min.85: Canai; 2-1, min.90: MC; 3-1, min.91: MC.
- Expulsión: Tarrela do Corcubión (min.97).
Partido estrano no Platas Reinoso. Adiantouse o cadro de Manín por medio de Lourido aos 10 minutos. A partir de aí o Baio tomou o mando e dominou o choque. O Corcubión defendíase moi ben, e non permitía chegar aos Alberto, MC; Javi Suárez ou Canai. Pero en 5 minutos, nos últimos 5 minutos, Canai e MC romperon a racha de 5 partidos sen encaixar un tanto dos corcubioneses, e deron a volta ao marcador ante un pasmado adestrador fisterrán.
Sofán - Nantón (3-1)
- Sofán: Richard, Iván, Diego, Pikas (Juanjo Rabuñal, min.65), Juan, Pensado, Eloy, Suso Docampo, Berti (Mario, min.70), Jacobo (Alemán, min.55) e Abel (Edi, min.75).
- Nantón: Bonano, David (Iván, min.80), Diego, Félix, Sito, Carlos Vidal, Fabio, Cristian, Luis, Manolo e Martín.
- Goles: 1-0, min.35: Jacobo; 2-0, min.60: Suso Docampo; 3-0, min.65: Berti; 3-1, min.70: Iván.
Foi mellor a SD Sofán ante un Nantón en racha negativa. Dous tantos á saída do descanso sentenciaron o choque pero o Nantón foi un rival correoso durante moitos minutos e ata puido empatar en cativas ocasións tralo gol inicial de Jacobo, sobre todo nos primeiros minutos da segunda, como un balón de Luís ao longeiro.
Malpica - Muros (2-0)
- Malpica: Suso, Iago, Casáis, Iago (Avelino, min.60), Víctor, Andrés (Dani, min.75), Neucha, Cheo, Charro (Manuel, min.70), Pablo, Gonzalo e Daniel.
- Muros: Rubén, Gael, Iván, Mayuyo, Dani, Mingos (Javi, min.75), Alberto, Gelo, Yanky, Óscar e Jesús.
- Goles: 1-0, min.35: Charly tras un córner de Cheo; 2-0, min.45: Neucha de falta.
Era un dos partidos da xornada, que medía as forzas do, ata onte 4º clasificado, ante un Malpica que comezou a Liga de xeito fulgurante pero que se atopa en sitio de ninguén. O partido comezaba con moito resperto, pero o cadro local máis incisivo e con máis iniciativa. Cheo e Neucha avisaron antes do tanto de Charly. Tamén a balón parado chegou o tanto de Neucha, nunha desas faltas marca da casa.
A segunda metade, o cadro de David Baña administrou a renda ante un Muros que o intentaba a base de balóns directos.
Buño - O Pindo (2-1)
- Buño: Brais, Eloy, Alfredo, Ángel, Brais San Luis, Diego, Ismael, Emilio (Dourado, min.58), Miguel (Juan, min.70), Elías e Víctor (Richar, min.80).
- O Pindo: Diego Atán, Manolito, Juan de Fis, José da Maroca, Diego Trillo, Lolo, Diego León, Carlos Leis, Bicho, Javi Conexo e Diego Riolo (Hipólito, min.80).
- Goles: 0-1, min.30: Loló, de penalti; 1-1, min.35: Ismael; 2-1, min.75: Ismael.
A piques estivo de puntuar O Pindo en Buño. Pero Ismael protagonizou unha remontada que deixa os 3 puntos e unha cómoda posición aos malpicáns.
Corme - Mazaricos (2-1)
- Corme: Susiño, Adolfo, Diego, Pandi, Jesús, Alejandro, Gonzalo (Abel, min.70), Juan Chans, Adrián Doldán, Lucas e Iago (Juanma, min.88).
- Mazaricos: Juan, Casais (Rafa, min.50), Marcos, Matías, Ramón, Rodrigo (Cristian, min.68), Estéfano, Esteban Pereiro, Kevin, Brais e Aldo (Álvaro, min.65)
- Goles: 1-0, min.25: Iago a pase de Adrián Doldán; 1-1, min.75: Kevin; 2-1, min.85: Iago, de penalti.
Resucitou Iago e puxo 2 goles que devolven ao Corme á senda da vitoria. Foi un partido de poder a poder, con dous conxuntos volcados pola vitoria. Tralo gol inicial do Corme o Mazaricos tomou o mando e mantivo firme á defensa cormelá durante moitos minutos. Non empatou ata treito final de partido, cando Kevin roubou enliña de 3 cuartos e asuntou o empate cun gran disparo que se colou pola escuadra de Susiño. Retomou o Corme a iniciativa buscando a vitoria, e atopou tras un penalti do meta Juan, que transformaba Iago.
Máis información
Crónicas da semana
- 1ª Autonómica: Xornada sen sorte arbitral.
- Preferente: O Santa Comba crece e o Soneira mingua.
- 3ª Autonómica: O Cabana campión de inverno.
- Resultados da penúltima xornada do ano.
- Crónicas e resultados dos partidos do día da inmaculada.
Máis novas
- O Barsa de Preferente xoga de laranxa.
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido co colexiado Marcos Ordóñez.
- A Copa do Mundo na fin do mundo.
- A Bitacora da Semana: O blog da Camelle.
- A bitácora da semana (CXLI): O blog do San Lorenzo de Verdillo.
- Video entrevista co xuvenil malpicán Juny.
- Un Dumbría descarado.
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (II).
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (I).
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Colabora SD Sofán e blog SCD Malpica.