Martes. 30.04.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Todo máis claro por arriba e por abaixo

2ª Autonómica: Todo máis claro por arriba e por abaixo
Dúas consecuencias ten o empate do Camariñas no Carral: un paso de xigante do Ponteceso cara o título e un paso de xigante para que o equipo de Manolín sentencie a segunda praza. Deixa as cousas moito máis claras esta 26ª xornada da Liga da Costa. E tamén por abaixo, onde parece que a única loita que queda aberta é entre Carnota e Porteño por evitar a praza de descenso directo, e confiar en que o segundo da Liga da Costa consiga o ascenso. De momento son 3 puntos os que separan ao Porteño do Carnota, pero as tendencias son claramente contrapostas. Mentres o Carnota de Nito parece que comeza a carburar, pola Ponte crecen os problemas. De feito, varios históricos do clube foron expulsados polo míster a semana pasada e este domingo a convocatoria só conseguíu xuntar 12 efectivos. Polo demais, os Corme, Baio e Buño, O Pindo e Esteirana, manteñen unha vantaxe de 8 e 10 puntos sobre os postos de descenso, pero non se poderán despistar.

Vimianzo - Ponteceso (0-4)

  • Vimianzo: Damian, Amarelle, Suso, Iván de Treos, Maikol, Iván de Baiñas (Vilaseco, min.46), Martín, Lagoa, Dieguiño, Pose (Manacas, min.61) e Pablo.
  • Ponteceso: Norberto (Guille, min.77), David Velo (César, min.68), Fabian (Alberto, min.75), Dani Pallas, David, Carlos Mato, Pablo Vázquez, Martín Puente (Luisete, min.51), Alfredo, Charro e Toniño.
  • Goles: 0-1, min.19: Toniño; 0-2, min.54: Luisete; 0-3, min.56: Toniño, de falta; 0-4, min.71: Luisete.
Un Ponteceso con numerosas baixas non pasou apuros para desfacerse dun colista que apenas creou ocasións de gol e viu como o líder sen facer moita cousa acaba goleandoos. Abriu o marcador Toniño tras unha internada por banda dereita e marcando de tiro cruzado. Na segunda metade, Luisete marcaba ao pouco de entrar dun tiro dende o punto de penalti e pouco despois Toniño repetía cun lanzamento de falta no que o meta Damian non acerta e despexar e traga o balón. Xa por último unha xogada de Toniño que se foi de varios contrarios ata a liña de fondo e serviu para atrás para que Luisete fixera outro doblete.

Sofán - Camariñas (1-1)

  • Sofán: Alex, Diego, Juan Rabuñal (Roberto Souto, min.57), Alberto Pensado, Juanjo, Aleman (Jacobo, min.75), Mario Casal, Miniño, Adrian (David Pensado, min.75), Bertin e Luisito.
  • Camariñas: Pombo, Pesqui, Josiño, Maikel, Breo, De la Sierra, Moriño, David (Ogando, min.71), Javi (Nico, min.60), Brais (Antelo, min.80) e Juan oBello
  • Goles: 0-1, min.7: De la Sierra tras unha prolongación de cabeza; 1-1, min.32: Alemán, tras unha combinacion de Luisito e Bertín.
  • Expulsión: o camariñán Maikel no min. 58 por doble amonestacion.
Partido duro, forte, intenso, moi da Liga da Costa, o vivido no Carral. O Camariñas sacou un punto do complicado campo do 3º clasificado, que sobre todo supón manter a vantaxe de 10 puntos entre ambos. O Camariñass estivo máis de 30 minutos con 10, pero defendeuse como puido para manter a igualada, demostrando que este equipo é moi difícil de batir. E iso que De la Sierra abrira o marcador para os de Manolín. Mantiña o tipo e o Sofán subía liñas. Alemán puxo a igualada completando un partidazo de entrega no medio, pelexando cos Moriño e De la Sierra. A segunda metade estivo marcada pola expulsión de Maikel. A SD tomou o mando e o Camariñas replegou filas. Moriño meteuse na liña defensiva para acometer as embestidas locais, mentres Juan oBello naufraga na zona de arriba e case que mete algún susto aos sofanistas. Adrián, Bertín, Alemán, Mario ou Jacobo probaban dende lonxe, pero o resultado non variaría e a liga queda case que pechada.

Corme - Carnota (1-1)

  • Corme: Susiño, Adolfo, Joshua, Pandi, Lelo, Martinciño, Alejandro, Lentejo, Iago, Lucas e Abel (Alejo min.59).
  • Carnota: Peipo, Nico Rodríguez, Brea, Tono da Caixa, Pedro, Miguel Beiro, Andrés Pato (Manuel Luis, min.85), Óliver (Pablo Beiro, min.50), Casti, Nico Alvarado (Demetrio, min.40) e Pumuky (Manolo Chouza, min.46)
  • Goles: 1-0, min.20: Lucas a pase de Alejandro; 1-1, min.60: Casti en xogada individual.
Xusta igualada en Corme entre un Carnota moi necesitado e un Corme que non se pode durmir. Os de Nito buscaron a vitoria, que ademais recurtaría distancias ante o equipo local. Pero foi o Corme quen estivo máis acertado na primeira metade. Lucas, a pase de Alejandro, puxo en vantaxa aos locais. Pero non desesperou o Carnota e loitou ata conseguir o empate por medio de Casti, que nunha xogada persoal marcaría o defintivo 1-1, confirmando a liña ascendente dos carnotáns. Veremos se a reacción non chega demasiado tarde.

Porteño - Malpica (0-5)

  • Porteño: Asiel, (Santi, min.70), Roi, Manu (Iago Sestayo, min.55), Martín Currás, Quilmes, Brais, Rubén, Óscar, Iván, Iago Martínez e Cousillas.
  • Malpica: Suso, Víctor, Marcos Amado, Iago, (Diego, min.70), Marco, Ismael (Casais, min.60), Neucha (Manu Pardo, min.70), Cheo (Charly, min.72), David Blanco, Andrés e Nando.
  • Goles: 0-1, min.35: Neucha; 0-2, min.55: Cheo en xogada individual; 0-3, min.65: Cheo aproveita un rexeite de Asiel; 0-4, min.75: David Blanco de tacón tras uns rexeites a un centro de Cheo; 0-5, min.80: Nando tras unha combinación entre Manu Pardo e Casais.
Partido sen historia cun Porteño no que hai marexada de fondo. A expulsión por parte do míster Gerpe de varios dos xogadores míticos do clube como Astu, Varela ou Wii fixo que apenas xuntaran 13 xogadores na convocatoria. As cousas ponse complicadas na Ponte e o Carnota chega forte por detrás. Os de Gerpe, así e todo, aguantaron a primeira metade, a base de entrega. Tan só Neucha marcou no primeiro tempo e non foi ata o segundo gol, xa con 10 cumplidos da segunda metade, cando o Porteño baixou os brazos e deu por perdido o choque.

Fisterra - Baio (4-1)

  • Fisterra: Joselu, Juan, Piti, Roco, José María (Luís, min.80), Guardiola, Rodri (Martín, min.55), Roa (Bruno), Dudo (C. Hidalgo), Nico (Tati, min.70) e Manoliño.
  • Baio: Poyo, Matías, Ramón, Jose Antonio, Eloy (Pablo, min.46), Martín, Mario, Alberto (Bieito, min.60), Canai, MC e Jorge (Valentín, min.47).
  • Goles: 1-0, min.5: Dudo; 2-0, min.15: Manoliño; 2-1, min.25: Canai; 3-1, min.55. Guardiola de falta; 4-1, min.65: Manoliño.
  • Lesión: Ramón cunha rotura de peroné.
Partido fácil do Fisterra, que non acusou a festa do Entroido, ante un Baio que está a ter moitos problemas para rematar a tempada. E se eran poucos os problemas, o equipo perde para o que resta de campaña ao defensa Ramón, que rompía o peroné e tivo que marchar para o Hospital San Rafael da Coruña. Parece que a lesión foi bastante limpa polo que o xogador pode que non precise de operación. O equipo de QPC espera que se recupere o antes posible. Non tocante ao partido, o Fisterra marcou pronto, e malia que o Baio recurtou antes do descanso, o terceiro gol, de Guardiola, pechou o partido. Os baieses baixaron os brazos e ata fallaron un penalti por medio de MC, xa co 4-1.

O Pindo - Esteirana (4-1)

  • O Pindo: Garrido, Juan de Dios, Jose, César, Mateo, Diego (Edu, min.60), Rivas (Julian, min.70), Borja (Piquero, min.80), Víctor (Rafa, min.80), Hugo de Dios(Pulpo, min.65) e Aitor.
  • Esteirana: Ramón, Dani Rama, Picholeiro, Maceiras, Jose Varela (Chispi, min.46), Iago, Andel (Roberto Pladur, min.46), Pepiño (Godo, min.60), Alex, Simón e Adrián.
  • Goles: 1-0, min.35: Aitor; 2-0, min.55: Aitor; 3-0, min.65: Aitor cun golazo pola escuadra dende fóra da área; 4-0, min.75: Jose á saída dun córner; 4-1, min.86: Roberto Pladur.
Empezou o partido con moito medo nos dous bandos. Os equipos saíron encerrados atras ata que nunha contra Hugo escapouse pola banda e lle deixa a Aitor para que marque a pracer. Corría a primeira media hora de xogo e o partido se puña de cara para o que máis o necesitaba. Na segunda parte o equipo loca saliu a por todo e en 20 minutos Aitor marcaba conseguindo un hack trick, e firmando o terceiro gol cun latigazo que se colaba por a escadra. O 4-0 farío Jose á saída dun córner corner mentres que o gol da honra da Esteirana chegaría tras un fallo dun defensa e do porteiro. Con esta vitoria, O Pindo empata a puntos coa Esteirana e lle recupera o golaverage individual. Así, ambos clubes poden respirar, sen contar co embargo que sofre a entidade muradá.

Buño - San Lorenzo (0-1)

  • Buño: Brais, José, Lolo, Diego, Angel, Dourado, Jorge (Fernando, min.75), Emilio (Fran Martuxa, min.60), Juan (Berti, min.55), Rubén e Victor.
  • San Lorenzo: Recarey, Iván Rey (Javi, min.46), Fabián (Canteiro, min.65), Puñal, Dubra, Cachizo, Anxo (Fuentefría, min.60), Alex, Jorge, Marcos Cancela (Eloy, min.70) e Casillero.
  • Gol: 0-1, min.88: Puñal tras unha falta dende o medio campo e unha saída en falso do porteiro.
Partido igualado, sobre todo na primeira metade, onde apenas houbo ocasións. Na segunda metade, o Buño baixou físicamente e o San Lorenzo fixo moito dano a balón parado en corners e faltas laterais. De feito, no gol, xa contra o final, chego tras unha falta botada dende o medio campo que Puñal cabeceou a gol.

Muros - Club do Mar (2-1)

  • Muros: Lupi, Manu Dosil (Sexo, min.46), Gael, Mayuyo, David, Varito (Dani Corniños, min.90), Gelo (Yanky, min.55), Bibi, Miguel Riveiro (Oscar de Baño, min.60), Toni (Iago, min.85) e Martín (Gelo, min.55).
  • Club do Mar: Borja, Chori, Luis Lareo, Alberto, Fran Borrazás, Pincho (Tonecho, min.60), Juan Lareo, Repi, Corral, Jacobo e Brais.
  • Goles: 0-1, min.35: Brais; 1-1, min.75: Óscar de Baño; 2-1, min.80: Mayuyo de cabeza.
Partidazo en Miraflores entre dos equipos de arriba na Liga da Costa. E os locais conseguiron remontar un encontro que se lles puña costa arriba tralo gol á media hora de Brais para os visitantes. E se poñan por diante os caioneses xustamente, xa que estaban a controlar o medio campo con Repi mandando e avisando ata cun balón á madeira. Cambiou a cousa na segunda metade. O Muros creu en si mesmo e foi tomando protagonismo. E remontou o choque en 5 minutos de forza. Con Óscar de Baño no campo os de Felipe tocaron mellor e chegaron arriba con máis claridade. Precisamente Oscar marcou nun balón aéreo e 5 minutos máis tarde Mayu remataba unha falñta botada por Bibi completando a remontada muradá.

Dumbría B - Castriz (3-0)

  • Dumbría B: Anxo, José Carreira, Sergio Cives, David Carreira, José Manuel, Jesús Fernando, Ramiro, Tantán, Pablo Lestón e Miguel Poyo.
  • Castriz: Diego, Chinda, Álex (Suso, min.35), Toniño (Martín, min. 60), Sergio Pose (Rubén, min.75), alberto, Dani, Mauri (Ovidio, min.53), Cilindro, Sebas (David Brenlla, min.60) e Óscar.
  • Goles: 1-0, min.15: Miguel Poyo; 2-0, min.60: Miguel Poyo; 3-0, min.71: Ramiro.
Novo partidazo do Dumbría B que se confirma como un dos mellores equipos da segunda volta. Os de Ferrío celebraron o entroido cunha cómoda vitoria ante o poetente Castriz. Miguel Poyo foi o xogador máis destacado do choque e ademais de abrir o marcador, xogou e desquiciou aos defensas xalleiros. Sebas e Mauri puideron empatar antes do descanso, pero o propio Poyo sentenciou cando aínda quedaba media hora de xogo.

Máis información

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Máis novas

Fonte

Comentarios